O Samaín continúa este domingo en Pontedeume con obradoiros, xogos e unha festa infantil

A cativada será a protagonista dunha nova tarde de Samaín este domingo, 8 de novembro, cunha programación que incluirá obradoiros, xogos e unha festa temática para gozar en familia.
As actividades comezarán ás 17:15 horas cunha concentración na Praza Real. Ás 17:30 horas, a celebración trasladarase á Alameda de Raxoi, onde se desenvolverán diferentes obradoiros. A xornada rematará ás 18:00 horas cunha festa terrorífica.
En caso de choiva, as actividades trasladaranse ao pavillón do IES Breamo, onde darán comezo directamente ás 18:00 horas.
Por outra banda, debido á previsión meteorolóxica, queda cancelada a Pasaxe do Medo prevista para este sábado, 7 de novembro.
O Concello anima as familias a preparar os seus disfraces máis arrepiantes e achegarse a gozar dunha tarde de lecer, xogos e diversión arredor desta celebración.