O Soldado Lois recibe unha homenaxe militar no cemiterio do Piñeiro

FerrolXa
Ordes lembrou este domingo a Manuel Lois García, o militar ordense que sacrificou a súa vida en 1937 para evitar unha explosión no cruceiro Baleares
ORDES homenaxe soldado lois
2 Nov 2026

O cemiterio do Piñeiro acolleu este domingo, 1 de novembro, a tradicional homenaxe a Manuel Lois García, coñecido popularmente como o 'Soldado Lois', unha das figuras históricas máis destacadas de Ordes. A conmemoración, coincidindo co Día de Todos os Santos, serviu para lembrar a valentía do militar e o seu sacrificio durante a Guerra Civil.

O acto contou coa participación do Terzo Norte de Infantería da Mariña de Ferrol, que acudiu acompañado da súa banda de música militar e realizou as tradicionais salvas de honor. A xornada comezou cunha recepción ás autoridades convidadas na Casa do Concello e continuou ás 12.00 horas cunha misa no cemiterio do Piñeiro.

Ao remate da celebración relixiosa tivo lugar unha ofrenda floral diante da tumba-monumento dedicada ao militar. Na homenaxe participaron representantes institucionais e da sociedade civil, así como mandos e oficiais da Infantería de Mariña, da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico.

0.15661406517029