Pontedeume celebrará o 21 de novembro un xantar solidario a favor da Asociación Española Contra o Cancro

FerrolXa
O encontro terá lugar no restaurante La Ría, en Centroña, e contará coa música de DJ Chus
PONTEDEUME comida cancro
16 Nov 2026

A solidariedade volverá reunirse arredor da mesa en Pontedeume o vindeiro sábado 21 de novembro. A Asociación Española Contra o Cancro organiza un novo xantar benéfico que se celebrará a partir das 14.30 horas no restaurante La Ría, situado en Centroña, co obxectivo de recadar fondos para apoiar o labor da entidade.

Os convites teñen un prezo de 45 euros para adultos e de 18 euros para menores de ata 12 anos, co IVE incluído. As persoas interesadas poderán adquirilos en varios establecementos do municipio: Perruquería Toci, Stollen, Cacharreira, Confeccións Martiño, La Cátedra, Clínica Miguel Soro e Áncora. O martes 17 de novembro será o último día para mercalos.

A xornada contará tamén coa colaboración de DJ Chus, que se encargará de poñer música á celebración. A organización anuncia, ademais, que haberá baile e sorpresas para as persoas asistentes.

A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Pontedeume e busca reunir veciños e participantes nunha xornada de convivencia e apoio ás persoas afectadas polo cancro.

0.16596984863281