U2 e Queen tomarán a Praza Roxa cunha noite de grandes clásicos do rock

FerrolXa
MU2 e McKuin ofrecerán este sábado dous concertos tributo a partir das 22.45 horas e da 1.00 horas
CARIÑO tributos
21 Aug 2026

A música en directo será a protagonista este sábado 22 de agosto cunha nova Noite de Tributos na Praza Roxa. A proposta reunirá dúas formacións dedicadas a manter vivo o legado de dúas das bandas máis recoñecidas da historia do rock: U2 e Queen.

A primeira actuación comezará ás 22.45 horas, coa presenza de MU2, unha banda tributo que recrea a esencia de U2 sobre o escenario e repasará algúns dos temas máis coñecidos do grupo irlandés.

A noite continuará á 1.00 horas con McKuin, formación especializada no repertorio de Queen que poñerá o broche final á xornada cun espectáculo dedicado á banda liderada por Freddie Mercury.

A proposta está pensada para gozar dunha noite de música, baile e grandes cancións nun dos espazos céntricos de Cariño. A entrada será libre, polo que tanto a veciñanza como as persoas que visiten a localidade poderán achegarse á Praza Roxa para seguir os dous concertos.

0.11215591430664