Últimos días para inscribirse no obradoiro intensivo de canto coral de Valdoviño

FerrolXa
A soprano Patricia Rodríguez Rico impartirá a actividade os días 28 e 29 de novembro no auditorio da Casa da Cultura
rc-concertos-de-musica-coral-44-ocioengalicia
18 Nov 2026

A música coral terá un espazo formativo en Valdoviño a finais de novembro cun obradoiro intensivo de canto dirixido pola soprano Patricia Rodríguez Rico. A proposta desenvolverase durante o sábado 28 e o domingo 29 no auditorio da Casa da Cultura, cun programa que sumará un total de 12 horas de actividade.

A primeira xornada celebrarase en horario de mañá e tarde, de 10.30 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas. O domingo, o obradoiro continuará de 10.30 a 14.30 horas. A iniciativa está concibida como unha experiencia formativa e práctica para achegar o canto polifónico ás persoas afeccionadas á música.

Aínda que está especialmente orientada aos coros federados en FECOGA, a Federación Coral Galega, a convocatoria está aberta a calquera persoa interesada. Non é necesario contar con coñecementos teóricos específicos nin saber ler partituras para participar, xa que o obxectivo é facilitar o achegamento á práctica do canto colectivo desde diferentes niveis de experiencia.

Inscrición gratuíta e prazas mediante solicitude previa

A participación no obradoiro será gratuíta, pero require inscrición previa. As persoas interesadas poden solicitar a súa praza enviando un correo electrónico a chorimacastro@gmail.com ou cubrindo o formulario habilitado pola organización.

 

0.3489990234375