Un obradoiro infantil sobre Pinocho conmemora o bicentenario de Carlo Collodi en Narón

FerrolXa
A actividade celebrarase este sábado na Biblioteca municipal de Narón e combinará narración oral coa elaboración dunha marioneta; as inscricións abren mañá ás 16.00 horas
NARON carlo collodi
9 Nov 2026

A Biblioteca municipal de Narón celebrará este sábado, 14 de novembro, unha actividade infantil arredor de Pinocho para conmemorar o bicentenario do nacemento do seu creador, Carlo Collodi. A proposta, dirixida a nenos e nenas a partir dos catro anos, comezará ás 11.00 horas e combinará a narración oral cun pequeno obradoiro creativo.

Durante a sesión, os participantes coñecerán a figura do escritor italiano e algunhas anécdotas da súa vida a través da historia de Pinocho. Ademais, elaborarán a súa propia marioneta nunha actividade pensada para achegarlles o universo do autor e explorar temas como a fantasía e a amizade.

O prazo de inscrición abrirase mañá, martes, ás 16.00 horas. As familias poderán anotarse presencialmente na Biblioteca municipal ou chamar ao teléfono 981 382 173. Para participar, os nenos e nenas deberán contar co carné da Rede de Bibliotecas.

0.15766501426697