Unha exposición percorre a historia das mulleres que abriron camiño no ámbito educativo

FerrolXa
A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura este venres unha mostra con 37 paneis dedicados a educadoras galegas, españolas e internacionais de diferentes épocas
VALDOVIÑO educacion feminino expo
5 Nov 2026

A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura este venres, 6 de novembro, a exposición 'Educación en feminino: un paseo pola historia. Edición 2025-2026', unha proposta que busca dar a coñecer o papel das mulleres na evolución da educación ao longo dos séculos.

A mostra poderá visitarse na sala de exposicións temporais ata o vindeiro 25 de novembro. O horario de apertura será de luns a venres, de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

A exposición está composta por un total de 37 paneis elaborados polo alumnado de primeiro curso da Universidade de Graos de Mestrado do Campus de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Cada un dos traballos está dedicado integramente a unha educadora ou a un colectivo de educadoras que destacaron en diferentes momentos da historia. As protagonistas proceden de ámbitos galegos, españois e internacionais, ofrecendo así un percorrido pola contribución feminina ao desenvolvemento educativo.

0.16522693634033