Unha nova furgoneta adaptada reforza o transporte de persoas con discapacidade no Ortegal

As persoas usuarias do Centro Ocupacional de Aspromor contan desde este verán cun novo recurso para facilitar os seus desprazamentos. A entidade incorporou unha furgoneta adaptada de nove prazas que permitirá reforzar as rutas de transporte que conectan diariamente o centro con diferentes puntos do Ortegal.
A nova unidade foi presentada este venres durante a visita da deputada de Política Social, Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, Mar García Vidal, ás instalacións da asociación en Ortigueira. No encontro tamén participaron o alcalde, Valentín Calvín, o portavoz municipal do PSOE, Juan Penabad Muras, e responsables de Aspromor.
O vehículo foi adquirido a través do programa FOIEV da Deputación da Coruña, destinado a facilitar vehículos ás entidades sen ánimo de lucro para mellorar os servizos sociais que prestan.
La furgoneta dispone de nueve plazas, además de una plataforma eléctrica para sillas de ruedas y un escalón eléctrico en la puerta lateral derecha. Estas prestaciones permiten realizar los desplazamientos con mayores garantías de seguridad y accesibilidad, especialmente para las personas con movilidad reducida.
Tres rutas diarias polo Ortegal
A incorporación do vehículo reforza as tres rutas que Aspromor realiza diariamente para trasladar ás persoas usuarias ata o Centro Ocupacional desde Ortigueira, Cariño e Mañón.
Os percorridos funcionan de luns a venres durante os 220 días anuais de actividade do centro. A súa importancia aumenta nun territorio marcado pola dispersión da poboación e pola presenza de numerosos núcleos rurais, onde os desprazamentos poden supoñer unha dificultade engadida para as persoas usuarias e as súas familias.
A furgoneta comezou a prestar servizo o pasado 1 de agosto e, desde entón, Aspromor sinala que permitiu mellorar tanto a organización dos desprazamentos como as condicións de seguridade e accesibilidade.
Un centro para impulsar a autonomía
Durante a visita, Mar García Vidal coñeceu tamén o traballo que se desenvolve nos diferentes espazos de Aspromor e visitou os seus obradoiros ocupacionais.
Entre as actividades que realizan as persoas usuarias atópanse a reparación de colectores de lixo dos concellos, os traballos no invernadoiro e diferentes iniciativas destinadas a desenvolver habilidades para a vida diaria. A deputada tamén coñeceu o funcionamento da unidade de día e os programas de autonomía persoal, psicomotricidade, teatro e lecer.
García Vidal destacou o traballo desenvolvido pola entidade desde hai máis de catro décadas para ofrecer atención e oportunidades ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.
Aspromor atende desde 1984 as necesidades deste colectivo na comarca do Ortegal. O seu Centro Ocupacional, situado en Ortigueira, ten capacidade para 40 persoas e desenvolve programas orientados a favorecer a autonomía, a inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas usuarias.