Unha xornada en Ortigueira analizará as oportunidades da repotenciación eólica para as comunidades de montes

FerrolXa
O encontro celebrarase o 21 de novembro no marco do proxecto de cooperación Leader Redenerxía e abordará as posibilidades de que as comunidades de montes produzan a súa propia enerxía
ORTIGUEIRA redenerxia
10 Nov 2026

Ortigueira acollerá o vindeiro sábado 21 de novembro a xornada 'Máis alá dos parques eólicos: comunidade e territorio', un foro centrado nas oportunidades que ofrece a repotenciación eólica e no papel que poden desempeñar as comunidades de montes na produción da súa propia enerxía.

A actividade desenvolverase entre as 10.30 e as 13.15 horas e está organizada pola Asociación GDR Seitura22 no marco do proxecto de cooperación Leader Redenerxía. A iniciativa conta coa colaboración do Observatorio Eólico de Galicia e do Concello de Ortigueira.

A xornada pretende abrir un espazo de debate sobre as posibilidades que teñen as comunidades de montes para participar na transición enerxética e aproveitar as oportunidades vinculadas á repotenciación dos parques eólicos. As inscricións xa están abertas a través da organización.

0.16906189918518