Val Xestoso prepara tres días de festa con música, tradición e moita verbena na honra á Virxe dos Remedios

FerrolXa
A celebración terá lugar do 4 ao 6 de setembro con orquestras, pasarrúas, procesións, sesións vermú e actuacións musicais para todas as idades
MONFERO festas val xestiso
30 Aug 2026

A parroquia de Val Xestoso, en Monfero, xa ten todo preparado para celebrar as súas festas na honra á Virxe dos Remedios, unha cita que se desenvolverá durante tres xornadas, do venres 4 ao domingo 6 de setembro, cun programa que combina tradición relixiosa, música e actividades para desfrutar en familia.

As celebracións arrancarán o venres 4 de setembro ás 21.00 horas, cunha gran liscada gratuíta. A partir das 22.30 horas, a música tomará o protagonismo coa verbena, que contará coas actuacións das orquestras Los Key e Costa Dorada.

A programación continuará o sábado 5, desde primeira hora da mañá. Ás 9.00 horas haberá dianas e alboradas, mentres que ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne e a procesión, acompañada polo Grupo Folclórico Virxen da Cela.

A música continuará pola tarde cunha sesión vermú ás 14.00 horas, amenizada polo grupo Antha. Xa pola noite, a partir das 22.30 horas, a verbena estará protagonizada novamente por Antha e Panamá.

Domingo de tradición e música

O domingo 6 de setembro volverá comezar con dianas e alboradas ás 9.00 horas. Durante a mañá tamén se celebrarán misas ás 10.00, 11.00 e 12.00 horas.

O acto relixioso central da xornada será ás 13.00 horas, coa misa solemne e a posterior procesión. O percorrido irá desde a igrexa ata o campo da festa e contará coa participación do Grupo de Gaitas Virxen da Cela.

A programación festiva continuará ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo de Salsarena. Pola tarde, ás 16.30 horas, será a quenda da charanga NBA, seguida ás 18.30 horas pola actuación do Dúo Eclipse.

A última noite das festas terá novamente como protagonista a música de Salsarena, que ofrecerá unha actuación ás 21.30 horas.

As celebracións contan coa colaboración do Ayuntamiento de Monfero, así como de casas comerciais, establecementos públicos, veciñanza e colaboradores anónimos, aos que a comisión organizadora agradece o seu apoio para facer posible o programa.

0.10525488853455