Valdoviño busca fotografías da localidade para elaborar o seu calendario municipal de 2027

FerrolXa
A veciñanza poderá enviar as súas imaxes ata o 25 de novembro, indicando o lugar no que foron tomadas
VALDOVIÑO calendario municipal 2026
Rita Díaz, técnica cultural cocalendario da edición pasada
12 Nov 2026

O Concello de Valdoviño abriu o prazo para que a cidadanía participe na elaboración do próximo calendario municipal achegando fotografías de diferentes lugares da localidade. A iniciativa, impulsada pola Concellería de Cultura, busca reunir imaxes que permitan mostrar a paisaxe e os distintos recunchos do municipio.

As persoas interesadas poden enviar as súas fotografías ao correo electrónico web@concellodevaldovino.com, indicando o nome do lugar que aparece na imaxe. Tamén poden facelo a través do formulario habilitado na portada da páxina web municipal.

O prazo de recepción permanecerá aberto ata o 25 de novembro, incluído. Para resolver dúbidas ou solicitar máis información, o Concello pon á disposición da cidadanía o mesmo enderezo electrónico e o teléfono da Biblioteca Municipal, 981 48 76 66.

O calendario presentarase nun acto público na Casa da Cultura durante o mes de decembro. A partir de aí, comezará o seu reparto entre o movemento asociativo e a cidadanía en xeral.

0.154709815979