Valdoviño inaugura a exposición fotográfica 'Galegos en Mauthausen'

FerrolXa
A mostra poderá visitarse a partir de agora na Casa da Cultura ata o vindeiro día 29, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
exposicion-galego-en-mathausen-valdovino
19 Oct 2026

Valdoviño acolleu o pasado venres pola tarde a inauguración da exposición fotográfica Galegos en Mauthausen, promovida pola Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, no marco das Actividades Municipais de Recuperación da Memoria Democrática.

O acto contou coa participación do historiador Enrique Barrera, que guiou un percorrido comentado polas 40 imaxes que compoñen a mostra, achegando ao público información sobre o seu contido e contexto histórico. Ademais, as persoas asistentes puideron ver un documental baseado na propia exposición.

A mostra poderá visitarse a partir de agora na Casa da Cultura de Valdoviño ata o vindeiro día 29, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

0.16101980209351