Veciños de Frades participaron nunha ruta de sendeirismo entre Ortigueira e O Vicedo

FerrolXa
A próxima cita terá lugar o sábado 21 de novembro cunha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume, na Coruña
sendeirismo-vecinos-frades
19 Oct 2026

Un total de trinta veciños e veciñas de Frades tomaron parte na primeira ruta de sendeirismo organizada este ano polo Concello de Frades entre as localidades de Ortigueira e O Vicedo. O tempo non acompañou e os sendeiristas estiveron acompañados por unha chuvia miúda durante os case 14 quilómetros.

A expedición saíu ás 8:00 horas do sábado 17 de outubro da casa do concello con destino a Loiba, onde din que está o banco máis bonito do mundo, emprazado sobre os fermosos cantís de Ortigueira. Dende aló, os veciños e veciñas de Frades desfrutaron dunha das rutas de sendeirismo costeiro máis espectaculares de Galicia, combinando cantís, pasarelas sobre o mar e fermosas vistas marítimas.

A próxima cita terá lugar o sábado 21 de novembro cunha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume, na Coruña. Un traxecto circular de case 16 quilómetros polo bosque atlántico de ribeira mellor conservado de Europa. A expedición sairá ás 8:00 horas da casa do concello de Frades para visitar o centro de interpretación de Ombre e o Mosteiro de Caaveiro, ademais do percorrido guiado polo parque natural das Fragas do Eume.

O prezo é o mesmo que o de todas as rutas de sendeirismo: 15 euros por persoa. As inscricións poden realizarse na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 981 695 567.

0.109295129776