San Martiño regresa a Covas tras varios anos sen celebrarse cunha xornada de festa, tradición e música

A parroquia de Cobas recuperará este ano a celebración de San Martiño, unha festa que levaba varios anos sen celebrarse e que regresará o próximo domingo 15 de novembro. A cita será, ademais, a primeira organizada pola recentemente constituída Comisión de Festas de Cobas.
A recuperación desta celebración pretende abrir unha nova etapa de participación veciñal e contribuír a recuperar as festas tradicionais da parroquia. O programa combinará os actos relixiosos en honra ao patrón cunha comida popular e unha xornada de encontro acompañada de música.
Os actos comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne cantada na honra de San Martiño, seguida da tradicional procesión pola parroquia.
Xa ás 15.00 horas, a celebración trasladarase ao local social de Cobas, onde terá lugar unha comida popular. As persoas participantes recibirán tamén un prato conmemorativo como recordo da xornada.
A programación completarase con música en directo, que poñerá o ambiente festivo a unha xornada coa que a nova comisión quere recuperar unha das celebracións tradicionais da parroquia.
A Comisión de Festas de Cobas anima ao veciñanza e a todas as persoas que queiran achegarse a participar no regreso de San Martiño e acompañar esta primeira celebración da nova etapa festiva da parroquia.