FerrolXa
A seca deixa Neda pendente de Narón para garantir o subministro de auga
O Concello e Veolia explican á oposición as medidas adoptadas tras os cortes da última semana e avanzan novos proxectos para reforzar a rede
Rematan as obras de reparación da ponte pontesa sobre o Chamoselo en Pedrafita
A intervención consistiu na demolición da antiga estrutura e na construción dunha nova ponte de formigón armado
Alerta na Frouxeira tras a aparición dunha vintena de carabelas portuguesas
O servizo de socorrismo mantén a vixilancia e advirte de que a praia podería pecharse ao baño se volven aparecer exemplares
Histagra pide a colaboración das familias para avanzar na investigación das fosas de Serantes
A primeira intervención arqueolóxica no cemiterio de Ferrol realizarase entre o 31 de agosto e o 11 de setembro para investigar un espazo no que foron enterradas polo menos 197 vítimas da violencia franquista
O Castro Sarridal afonda no seu pasado milenario cunha nova campaña arqueolóxica
Os traballos avanzaron cara ao cantil para investigar o contorno da sauna castrexa e coñecer mellor as distintas etapas de ocupación dun dos xacementos máis singulares de Cedeira
Alberto Meira impón o seu ritmo no Rallyshow das Pontes ante máis de 12.000 afeccionados
O piloto de Skoda Fabia R5 levou a Gran Final por diante de Manuel Senra e Jorge Pérez nunha xornada marcada pola presenza de lendas como Stig Blomqvist, Miki Biasion, Petter Solberg e Luis Moya
A asociación Nordés dedica a XVI edición das Xornadas “Memoria dun Tempo” á historia de Mañón
Os encontros desenvolveranse do 20 ao 22 de agosto no Barqueiro e abordarán desde diferentes perspectivas os feitos acontecidos no municipio durante o golpe militar e as décadas posteriores
As persoas usuarias do SAF contarán con podoloxía gratuíta para coidar a saúde dos pés
O servizo municipal busca previr lesións, reducir dores e mellorar o benestar das persoas atendidas polo Servizo de Axuda no Fogar
Unha escapada de outono levará á veciñanza de Cerdido a Segovia con paradas en Tordesillas, Pedraza e La Granja
A excursión, organizada pola Asociación Albar Quercus coa colaboración do Concello de Cerdido, celebrarase do 16 ao 18 de outubro e combinará patrimonio, gastronomía e convivencia
Tres días para volver á época da emigración con música, tradición e cultura en Ares
O IX Ares Indiano chega do 21 ao 23 de agosto cunha ampla programación que inclúe rutas históricas, exposicións, gastronomía, vehículos clásicos, talleres e concertos
Cabanas pon en marcha a licitación de dúas obras viarias por máis de 113.000 euros
As actuacións permitirán renovar o firme no polígono de Vilar do Colo e no vial entre Relousada e O Alto, ademais de mellorar a canalización de augas no acceso ao parque empresarial
O verán descobre a historia xeolóxica de Valdoviño con dúas XeoRutas entre minas e antigas fallas
As saídas do Arsénico e dos Cabos celebraranse os mércores 19 e 26 de agosto da man do xeólogo Francisco Canosa e xa teñen aberta a inscrición
O rural reclama unha política de vivenda propia para frear o despoboamento das parroquias
O alcalde de San Sadurniño aproveitou a visita de Alfonso Rueda a unha explotación gandeira para pedir axudas que permitan recuperar casas abandonadas e atraer nova poboación
Neda segue sen recuperar o abastecemento de auga e busca aumentar a chegada das Forcadas
Veolia traballa en alternativas para incrementar o caudal procedente de Narón e Fene mentres o Concello mantén o reparto con cisterna e a entrega de auga envasada a domicilio
Máis de 500.000 euros en obras e aínda sen data para rematar o Carvalho Calero
O BNG de Ferrol reclama reparar as butacas do salón de actos e abrir a biblioteca mentres critica os atrasos e o que cualifica de falta de control do Goberno de Rey Varela
Máis de 288.000 euros para poñer a punto os polígonos industriais das Pontes, Narón e Cabanas
A Xunta financiará catro actuacións centradas na mellora de vías, pavimentos, sinalización e redes de pluviais nestes tres municipios de Ferrolterra
O Partido Comunista pide organizarse contra o fascismo tras os ataques a sedes políticas en Ferrol
O Comité Comarcal de Ferrolterra do PCG reclama unha 'unidade de acción antifascista' e chama á esquerda a pasar das condenas á organización
Valdoviño prepárase para un intenso fin de semana de fútbol con xuvenís, triangular e veteranos
O XXXIV Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño reunirá os días 22 e 23 de agosto aos equipos locais e formacións da comarca nos campos municipais de Meirás e Mourente
Caos total na Ponte de Pedra: Pontedeume esixe explicacións ao Estado e ameaza con mobilizacións
O alcalde Bernardo Fernández pide unha reunión co secretario de Estado de Infraestruturas e avisa de concentracións de protesta se continúan as retencións, mentres BNG e PP esixen solucións inmediatas ante o colapso da N-651
Ramón Souto, protagonista do Día da Galiza Mártir cunha homenaxe e unha exposición sobre a represión franquista en Fene
Os actos celebraranse o 17 de agosto e incluirán a inauguración de 'Castelao e a maldición do franquismo', que poderá visitarse ata o día 27
As Pontes destina 40.000 euros a unha nova edición do programa de axudas ao emprendemento local
As persoas autónomas e pequenas empresas poderán optar a subvencións de ata 4.000 euros para gastos de alugueiro e investimentos necesarios para iniciar ou consolidar a súa actividade
A Costa Ártabra convértese esta semana nun gran escenario de jazz con catro concellos unidos pola música
O Jazz de Ría celebra a súa décima edición do 12 ao 16 de agosto cunha proposta gratuíta que combina concertos, natureza, patrimonio e memoria colectiva
Moeche prepárase para volver asaltar o castelo cun Festival Irmandiño que mira xa á súa XLVII edición
A cita celebrarase do 21 ao 23 de agosto con música, xogos tradicionais, actividades culturais e o tradicional asalto á fortaleza
Un home sobe á cheminea de As Pontes na procura da mellor fotografía da eclipse
Accedeu de madrugada ao recinto da antiga central térmica e foi localizado polos servizos de seguridade cun dron antes de baixar pola súa conta




