FerrolXa
A planta de SAIC gana apoios políticos en Ferrol mentres crece a polémica pola súa ubicación xunto a Navantia
BNG, Ferrol en Común e PSOE defenden o proxecto industrial e poñen o foco no emprego, a diversificación económica e as condicións que acompañen o investimento
A eclipse total de Sol chega a Ferrolterra, Eume e Ortegal: consulta cando se verá no teu concello
Toda a comarca quedará dentro da franxa de totalidade e en varios puntos superarase o minuto de escuridade total
Un bus lanzadeira facilitará o acceso ao monte de Ancos para ver a eclipse solar total
Neda pechará aos vehículos particulares os accesos ao miradoiro e habilitará viaxes desde o IES Fernando Esquío a partir das 17.00 horas
O PSOE de Ferrol denuncia un novo ataque á súa sede e alerta do aumento das mensaxes de odio
A Casa do Pobo de Ferrol apareceu este martes con novas pintadas; os socialistas anuncian que presentarán unha denuncia ante a Policía Nacional
Catro campións do mundo protagonizan o Rallyshow das Pontes cunha fin de semana de motor e exhibición
Stig Blomqvist, Miki Biasion, Petter Solberg e Luis Moya serán as grandes estrelas da Festa do Motor, que se celebrará os días 15 e 16 de agosto con entrada gratuíta
Formoso destaca que o Goberno mantén a súa aposta pola planta de SAIC en Ferrolterra
O alcalde das Pontes valora as declaracións de Óscar López e considera que garanten a compatibilidade do proxecto coa seguridade nacional
FerrolXa
A N-VI convértese nunha ruta de 'cazadores de eclipses' e duplica o movemento habitual cara á Coruña
As reservas, os pasaportes e o paso polos puntos de selado da histórica estrada Madrid-A Coruña dispáranse a medida que se achega a eclipse do 12 de agosto
Feijóo e Rueda percorren Cabanas para reivindicar o novo Camiño do Litoral como atractivo turístico
A ruta permitirá percorrer a costa galega de norte a sur e contará con máis de 1.300 quilómetros para facer a pé ou en bicicleta
A UPG volverá homenaxear a Moncho Reboiras en Ferrol no 51 aniversario do seu asasinato
Os actos do 12 de agosto incluirán unha concentración na praza de Armas, unha ofrenda floral no lugar onde morreu e un acto político no Cantón
Lago Sport busca apoio para seguir medrando cun proxecto que xa reúne 17 equipos
O club pontés abre a campaña do carné simpatizante para a tempada 2026/27 e reivindica unha estrutura que vai desde a base ata o sénior, con especial aposta polo fútbol sala feminino e a inclusión
Barallobre prepara unha gran festa do marisco mentres a ría afronta un dos momentos máis delicados para o sector
A cita gastronómica será os días 22 e 23 de agosto e combinará degustacións, música e actividades cunha reivindicación: recuperar os recursos marisqueiros e garantir o futuro da profesión
O fútbol volve reunir en Cerdido a varios equipos para manter viva a memoria de Óscar Galego
O Moeche fíxose coa vitoria no Memorial Óscar Galego, nunha xornada marcada polo reencontro, a amizade e a colaboración por unha boa causa
Os fogos das festas de Cedeira xa teñen horario para facilitar a protección de persoas sensibles e animais
O Concello adianta os momentos previstos para os lanzamentos pirotécnicos e anuncia tamén unha franxa de son reducido nas atraccións durante as tardes das celebracións
GaliciaXa
A Xunta activa este luns a alerta amarela por calor no interior de Pontevedra e na montaña de Ourense
A entrada dunha masa de aire cálido elevará as temperaturas entre luns e martes e prevese que o episodio se prolongue ata o venres, especialmente no interior de Galicia
Divulgación científica, sendeirismo e observación do eclipse solar nunha xornada especial en Ortigueira
O Concello organizará o 12 de agosto obradoiros gratuítos, unha ruta guiada á serra da Coriscada e a retransmisión en directo do fenómeno cos comentarios do meteorólogo Chema Sierra
A Estaca de Bares volverá poñer a proba aos amantes do trail cun percorrido único entre cantís e mar
O IV Trail Concello de Mañón celebrarase o 17 de outubro con probas de 21, 15 e 7 quilómetros, carreiras infantís e unha andaina popular a semana seguinte
O Concello de Neda denuncia novos actos vandálicos no parque infantil dos Subarreiros
Os danos afectan ao pavimento amortecedor do galeón poucos días despois da súa posta a punto e o Goberno local solicita colaboración veciñal para identificar os responsables
A oposición de Ferrol reclama máis control nas actividades para evitar normalizar o alcohol entre menores
PSdeG, BNG e Ferrol en Común cuestionan a programación infantil anunciada para a Festa da Cervexa e piden ao Goberno local que garanta propostas seguras e responsables
O Castro Sarridal de Cedeira esperta un gran interese coas visitas comentadas ás escavacións
A campaña, financiada pola Xunta de Galicia, continuará ata o 15 de agosto e ofrecerá unha última visita guiada o día 22 mentres avanzan os traballos de investigación e consolidación do xacemento
A eclipse na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
Ferrolterra converterase nun dos mellores escenarios de Galicia para observar a eclipse total, cunha duración que variará segundo o municipio e o lugar desde o que se contemple
A música e o polbo protagonizan as festas de San Mamede de Laraxe esta fin de semana
As celebracións ofrecerán actuacións musicais o sábado e unha sesión vermú con animación e degustación de polbo o domingo
Cariño celebra este sábado a VIII Festa Mariñeira cunha gran degustación de produtos do mar e música tradicional
A Praza Roxa acollerá desde as 20.00 horas unha cita gastronómica organizada pola A.VV. San Xiao do Trebo con actuacións folclóricas e prezos populares
Fene crea os seus primeiros 'Faladoiros' para converter as rúas en espazos de encontro e convivencia
O Concello estrea na Avenida Naturais de Fene unha iniciativa que busca recuperar pequenos recunchos urbanos para favorecer a conversa, o descanso e a vida comunitaria
Continúan as mobilizacións do persoal municipal para reclamar a aprobación da RPT e solucións para o SAF en Cariño
O pleno aproba unha moción para solicitar un proceso de mediación e desbloquear a negociación da Relación de Postos de Traballo e do Servizo de Axuda no Fogar




