Universidade
O Concello de Ferrol facilitará prácticas universitarias ao alumnado da USC durante o curso 2026/2027
A adhesión ao convenio coa Universidade de Santiago e a FEGAMP permitirá realizar prácticas académicas no ámbito da Administración local
A Xunta autoriza 13 millóns de euros para o novo edificio de investigación industrial da UDC en Ferrol
O centro EI3 situarase no campus de Esteiro e estará especializado en ámbitos como a enxeñaría naval, a robótica e o hidróxeno verde aplicado ao sector marítimo
O Campus Industrial de Ferrol achegará a cultura castrexa ao alumnado con obradoiros prácticos
A iniciativa inclúe tres propostas sobre os poboados castrexos, a cerámica e a indumentaria antiga, adaptadas a diferentes cursos de Primaria e da ESO
A UDC conmemora os 25 anos da primeira promoción de Podoloxía e os 26 da súa Clínica Universitaria
A Facultade de Enfermaría e Podoloxía reuniu en Ferrol a profesionais, docentes, estudantes e pacientes para repasar a evolución da titulación e reivindicar o seu papel no sistema sanitario
Tres videoxogos creados en Ferrol saltan ao escaparate internacional do SAGA Barcelona Game Fest
'Purgatory Hoops', 'Néboa’s Hut' e 'Splash on Contact' poderán probarse no evento catalán tras nacer como Traballos Fin de Máster na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
A UDC crea unha nova Vicerreitoría centrada na estratexia dixital e a intelixencia artificial
A remodelación do Equipo de Goberno incorpora novos responsables de áreas como Profesorado, Estudantes e Empregabilidade, Economía e Planificación Estratéxica e Xerencia
GaliciaXa
A UDC reorganiza o seu equipo de Goberno coa creación dunha nova Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial
A universidade tamén renova os titulares das áreas de Economía e Planificación Estratéxica, Profesorado, Estudantes e Empregabilidade e a Xerencia
A UDC levará a Equiocio a súa aposta pola innovación, o benestar e o compromiso social
A Universidade contará cun espazo propio para presentar a súa oferta académica, o potencial do Campus Industrial de Ferrol e varios dos seus principais programas sociais
A UDC organizará en Ferrol un campamento de creatividade e ciencia para facilitar a conciliación ao remate do verán
A iniciativa, dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, desenvolverase do 31 de agosto ao 8 de setembro no Campus Industrial
Un estudo sobre fiscalidade e emprego no sector marítimo logra a primeira Mención Internacional do Doutoramento en Relacións Laborais da UDC
A tese de Ignacio Picatoste Novo, defendida no Campus Industrial de Ferrol, analiza como a informalidade laboral e o sistema fiscal inflúen na sustentabilidade social do traballo








