FerrolXa
FerrolXa
Ferrolterra, Eume e Ortegal, en alerta amarela por fortes refachos de vento
O aviso estará activo este martes e obriga a extremar as precaucións ante un episodio que tamén deixará choiva e mala mar
Case 400 persoas saen á rúa en Ferrol para reclamar máis vivenda e frear a escalada dos alugueiros
A concentración na praza de Armas puxo o foco nas familias con dificultades para manter os seus fogares e no elevado número de pisos baleiros da cidade
GaliciaXa
Luz verde ao Rexistro de concesións e autorizacións para a xestión do litoral
Supón un avance na planificación, protección e ordenación da costa galega ao ofrecer información sobre as actividades autorizadas no dominio público marítimo-terrestre
O PSdeG reclama máis control sobre o transporte por estrada tras os problemas rexistrados na provincia da Coruña
Besteiro pide á Xunta que revise as liñas, adapte os horarios e reforce a inspección ante as queixas por autobuses cheos, atrasos e usuarios que quedan nas paradas
As Pontes abre a programación de outono cunha ampla proposta
Reúne música, teatro, cine, literatura, actividades infantís, exposicións e diferentes opcións para todos os públicos
GaliciaXa
48 bolsas de 10.000 euros impulsan a investigación e a formación artística na provincia da Coruña
A Deputación destina 480.000 euros a apoiar proxectos de investigación e a especialización de artistas en centros de Galicia, España e outros países
A IV Marcha Ciclista de Cerdido reúne familias nun percorrido de seis quilómetros pola contorna
A actividade deportiva e de convivencia levou aos participantes desde o CEIP A Barqueira ata a área recreativa de O Castro, pasando por varios puntos do municipio
O PP de Narón cuestiona a xestión das obras de seguridade na estrada do Feal e reclama explicacións
Os populares aseguran que o Concello dispón desde marzo da documentación necesaria para avanzar nun proxecto da Deputación, mentres o PSOE tamén puxo en dúbida as explicacións da alcaldesa
Un novo acceso e máis aparcamento cambiarán a entrada á urbanización Olmo de Pontedeume
As obras comezarán este martes 29 de setembro e obrigarán a pechar temporalmente a entrada actual, mentres os vehículos accederán pola avenida Castelao
O teatro galego reúne a Xermade, Friol e As Pontes nunha nova viaxe en autobús a Santiago
A proposta está especialmente recomendada para maiores de 14 anos e pretende achegar o teatro profesional galego á veciñanza
A fabada e o produto local serán protagonistas da décima Feira da Faba o 11 de outubro
A cita reunirá en Moeche postos de fabas, artesanía e doces, ademais dunha degustación, música, concursos e un sorteo de produtos
O BNG pide que o concurso de transición xusta das Pontes inclúa tamén proxectos que demanden electricidade
Dani Balseiro reclama un posicionamento consensuado do Concello ante a consulta pública aberta polo MITECO, mentres Carmela Franco solicita convocar con urxencia unha comisión antes do 8 de outubro
A Plataforma por un Transporte Digno cuestiona o papel do alcalde de Ferrol ante a crise do servicio
O colectivo critica a resposta do Goberno local no Pleno e considera insuficientes as medidas formuladas ante os problemas do transporte público
Últimos días para anotarse nas actividades deportivas e culturais de Monfero para o curso 2026/2027
O prazo permanece aberto ata o 28 de setembro e a programación inclúe propostas para nenos, adultos e maiores
Ares completa o POS+2025 coa renovación do Camiño da Malata e inicia a reforma de Prados Vellos
As actuacións mobilizan máis de 916.000 euros e permitirán renovar un vial de Caamouco e modernizar o campo municipal de fútbol
Setenta bailaríns converterán Odeón nunha pista de baile con campións galegos, nacionais e mundiais
O Club de Baile Deportivo Narón ofrecerá este sábado ás 19.00 horas unha exhibición gratuíta con diferentes modalidades e estilos
GaliciaXa
Tres proxectos musicais loitarán polo Premio Narf nunha gala especial dez anos despois da morte de Fran Pérez
Raposa, Sofía Espiñeira e Abril actuarán o 24 de outubro no Salón Teatro de Santiago, nunha final que contará tamén co regreso de Os Quinindiolas
A Operación Quilo busca alimentos e voluntarios para apoiar as familias de Narón
A campaña desenvolverase os días 1, 2 e 3 de outubro en nove puntos de recollida e o Centro de Recursos Solidarios pide colaboración puntual
Cedeira destina máis de 570.000 euros de remanentes a novas infraestruturas e equipamentos
A modificación de crédito permitirá construír unha nova ponte sobre o río Condomiñas, adquirir a reitoral de San Román e financiar o Centro Municipal de Remo
Deporte, teatro e memoria regresan este outono ás escolas municipais de Moeche
As inscricións abrirán o 28 de setembro para as actividades culturais e o 1 de outubro para as deportivas, con propostas para todas as idades
As Pontes recupera o cine de estrea trala pausa do verán
A iniciativa, posta en marcha en 2017, regresa á Casa Dopeso cunha nova programación e horarios adaptados ás necesidades e demandas da veciñanza
As Pontes acollerá este sábado o International Krav Maga Training Camp 2026
O evento, organizado pola Escola HKF de Defensa Persoal e Policial, conta coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña
O fútbol sala abre novas xornadas de tecnificación para rapazada de 8 a 16 anos en Valdoviño
As sesións comezarán en outubro no pavillón O Longoiro e estarán adaptadas a todos os niveis, desde iniciación ata perfeccionamento
GaliciaXa
A Xunta declara en situación de seca prolongada os sistemas do Ulla-Tambre e da Costa Norte
Un total de 74 concellos están afectados por este escenario, que non implica por si mesmo restricións nos usos pero permite, cando proceda, adaptar o réxime de caudais ecolóxicos ás condicións actuais




