Novas de Narón
Unha racha de 127 km/h sacude Cedeira mentres o temporal deixa incidencias en Ferrol e Narón
O CIAE 112 contabilizou cinco avisos en cada unha das dúas cidades e o vento condicionou tamén a xornada en Pontedeume e outros municipios de Ferrolterra, Eume e Ortegal
Unha explosión de cores percorrerá Xuvia para reivindicar a inclusión este domingo
A Andaina Inclusiva de Cores reunirá a persoas con e sen discapacidade e o prazo para participar remata o 2 de outubro
O PP de Narón cuestiona a xestión das obras de seguridade na estrada do Feal e reclama explicacións
Os populares aseguran que o Concello dispón desde marzo da documentación necesaria para avanzar nun proxecto da Deputación, mentres o PSOE tamén puxo en dúbida as explicacións da alcaldesa
Narón activa as axudas de Nadal para familias con menores en situación de vulnerabilidade
As familias poderán solicitar vales de 60 euros por menor para mercar agasallos e terán de prazo ata o 19 de outubro
Setenta bailaríns converterán Odeón nunha pista de baile con campións galegos, nacionais e mundiais
O Club de Baile Deportivo Narón ofrecerá este sábado ás 19.00 horas unha exhibición gratuíta con diferentes modalidades e estilos
Abren as inscricións para 20 prazas dun itinerario de prevención de riscos laborais en Narón
O Concello ofrece 107 horas de formación especializada en metal, construción e sector naval, ademais de módulos sobre traballos en altura e espazos confinados
Centos de persoas esixen en Ferrol un transporte público digno e reclaman unha investigación do servizo
A Plataforma por un Transporte Digno denuncia problemas recorrentes nos autobuses, viaxes con pasaxeiros de pé e falta de prazas, mentres reclama melloras tamén na conexión ferroviaria con A Coruña
O transporte público de Ferrolterra, Eume e Ortegal chega ao pleno da Deputación da Coruña entre reclamacións por máis frecuencias e mellores conexións
PSOE e BNG presentaron unha moción conxunta para reclamar á Xunta e ao Goberno central actuacións urxentes por deficiencias no servizo de autobús e no ferrocarril, pero a iniciativa non chegou a debaterse
O CIMIX de Narón inaugura este venres 'Organismo Vivo', a mostra que percorre a obra de SØJĒ POLCÆM
A exposición reúne poesía, fotografía, videocreación e experimentación visual e poderá visitarse no Muíño de Xuvia ata o 1 de outubro
A Plataforma por un Transporte Digno pide aos alcaldes de Ferrolterra que se sumen á mobilización deste venres
O colectivo chama aos rexedores da comarca a acudir á concentración das 18.00 horas na praza de España de Ferrol para reclamar solucións ás deficiencias do transporte público
Contos, teatro e monicreques para os máis pequenos: así será o novo ciclo de Apego en Narón
O programa gratuíto, pensado para familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, ofrecerá catro sesións entre setembro e novembro no Centro Cívico Social de San Xiao
Terra Galega activa a súa maquinaria para 2027 e pecha filas arredor de Marián Ferreiro en Narón
Preto de 500 militantes e simpatizantes participaron na Festa do Río de Pedroso, nun acto no que o partido reivindicou a súa independencia e chamou á unidade ante as próximas eleccións municipais
Terra Galega abre o curso político en Narón coa mirada posta en revalidar a maioría en 2027
Marián Ferreiro encabezará en Pedroso un encontro con máis de 500 asistentes no que TEGA comezará a abordar a súa estratexia para os próximos comicios locais
Narón sumará 14 novas vivendas públicas tras converter uns antigos locais de oficinas en fogares
A Xunta inviste 1,6 millóns de euros na transformación dun inmoble de Freixeiro, con vivendas maioritariamente de tres dormitorios e dous pisos tipo loft
Máis de vinte camiños municipais de Narón renovan o seu firme cun investimento de case 764.000 euros
Tres proxectos permiten actuar en viais de dez parroquias, con especial atención aos tramos máis deteriorados e aos afectados por obras de saneamento
O comercio de alimentación da Coruña volve á rúa con novas protestas, unha manifestación e tres días de folga
O persoal reclama melloras salariais e laborais mentres denuncia o bloqueo das negociacións por parte da patronal
O PSdeG levará ao Parlamento as demandas educativas de Narón e Neda
Os socialistas reclamarán á Xunta a rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos e un novo comedor para o CEIP Maciñeira
Xa hai data para volver ás actividades deportivas municipais de Narón e Valdoviño
Os dous concellos preparan o novo curso con propostas para diferentes idades, desde natación, ximnasia e ioga ata fútbol sala, tenis de mesa, karate ou tiro con arco
Tres programas para axudar ás familias e ao alumnado de Narón a afrontar o novo curso con máis apoio educativo
O Concello abre o prazo de inscrición para 'Escolas de Familia', 'Reforza TIC' e 'Sementando Futuro', dirixidos a diferentes etapas educativas
As antigüidades e o coleccionismo toman Narón esta fin de semana con pezas únicas para todos os petos
A VIII Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage reunirá o sábado e o domingo no Pavillón da Mocidade da Gándara a profesionais e afeccionados chegados de distintos puntos de España
O Deportivo e o Mainz 05 reinan no XI Torneo Internacional Cidade de Narón
94 equipos e máis de 1.000 nenos e nenas participaron nunha edición que reuniu en Río Seco clubs de España, Portugal, Alemaña e Italia
A Ludoteca Municipal de Narón abre 95 prazas para o novo curso destinadas a nenos de 2 a 12 anos
A matrícula comeza este luns e permitirá acceder a diferentes grupos organizados por idades e horarios ao longo da semana
Máis de dez tartas de queixo tomarán Narón este fin de semana co Cheesecake Fest
O festival gastronómico chega ao Parque do Río Freixeiro do 4 ao 6 de setembro con foodtrucks, entrada gratuíta e propostas para gozar en familia ou acompañados das mascotas
O Náutico de Narón dá o pistoletazo de saída á tempada 2026/27 con novas inscricións e portas abertas ao tríatlon
O club inicia os adestramentos e abre a súa escola de natación e tríatlon, mentres Xuvia acolle a pretempada durante os primeiros días de setembro




