Novas de Narón
San Mateo prepara unha tarde de sustos coa Casa do Terror e o seu paseo de luces polo Samaín
A celebración do sábado 31 de outubro incluirá un percorrido terrorífico, un obradoiro de cabazas, xogos temáticos, música e unha degustación de caldo e liscos
Unha unidade móbil facilita hoxe a doazón de sangue en Narón
O vehículo de ADOS estará xunto ao Centro de Saúde en horario de mañá e de tarde, de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas
O BNG de Narón denuncia que os investimentos da Xunta no municipio son sete veces inferiores aos de Ferrol
A formación nacionalista reclama máis recursos nos Orzamentos de 2027 para atender demandas como un novo colexio en Xuvia, un pavillón, unha residencia pública de maiores e melloras na estrada de Cedeira
Máis de 60 músicos de Narón encherán de música o centro comercial Odeón este sábado
A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil Sementeira ofrecerán dúas actuacións na praza de eventos entre as 18.00 e as 19.00 horas, cunha representación de músicos de entre 11 e 30 anos
Unha casa do terror, cabazas e un paseo de candeas protagonizan o Samaín de Narón en San Mateo
A festa celebrarase o sábado 31 de outubro con obradoiros, xogos, música en directo e unha degustación de caldo e liscos. O venres 30, o Pazo da Cultura acollerá a proxección gratuíta de 'Monstruos, S. A.'
Música sen barreiras: chega a Narón un festival inclusivo no Camiño Inglés
Incluson celebrará a súa primeira experiencia promocional o 7 de novembro no Paseo Marítimo de Xuvia, cunha programación de oito actuacións, gastronomía e artesanía, ademais de medidas para garantir a accesibilidade
A Bandeira Verde de Galicia recoñece por segundo ano consecutivo as boas prácticas ambientais de Narón
A Xunta destaca proxectos como a senda peonil e ciclista do río Freixeiro, a recollida de biorresiduos e o mantemento de máis de 400.000 metros cadrados de zonas verdes.
Catro días para atopar coche na Feira de Ocasión de Odeón
O aparcadoiro do centro comercial acollerá do 22 ao 25 de outubro unha exposición gratuíta con vehículos de distintas marcas e concesionarios
Os bombeiros de Narón logran trece medallas para nos XI Xogos Europeos de Policías e Bombeiros
Xavier Piñeiro e Luís García conseguiron ouro, e Iván Pérez, Iago López e Alexandre Blanco completaron o medalleiro con pratas e bronces
A Biblioteca de Narón programa tres actividades a semana do Día das Escritoras e do Día das Bibliotecas
Entre o 19 e o 24 de outubro, a biblioteca acolle unha conversa con autoras locais, un espectáculo de narración oral e unha proposta para as familias
O comedor das Casas da Mariña trasládase, a causa das obras de reforma, ao Manuela Pérez Sequeiros
As actividades do centro mudarán tamén ao Manuela a partir do sábado 24 de outubro e mentres duren os traballos de acondicionamento
A unidade móbil de doazón de sangue percorrerá esta semana Cedeira, Narón e Fene
O dispositivo estará este martes en Cedeira, o mércores desprazarase a Narón e o venres rematará a súa ruta en Fene
Veciños de Narón recollen sinaturas para reclamar unha solución á presenza de cascudas nas súas rúas
O PP denuncia a situación nas rúas Cambre e Méndez Núñez e pide ao goberno local unha actuación inmediata para atallar o problema
Cinco anos de cine, historias e ganas de seguir: así medrou o Cineclub Serie B de Narón
Alberto Pena e Anabel Valera repasan os cinco anos de traxectoria dun proxecto que naceu case por casualidade e que hoxe usa o Pazo da Cultura para reivindicar o cine que queda fóra dos circuítos comerciais
Narón inaugura o curso da Escola de Benestar cunha charla sobre o poder curativo das historias persoais
O psicólogo Javier Aznar ofrecerá unha conferencia gratuíta o sábado 17 de outubro no Pazo da Cultura para abordar como os relatos sobre as nosas experiencias inflúen na saúde emocional
'En que podo axudarche?': Narón anima o comercio local a dar máis protagonismo ao galego
Os negocios que se sumen á iniciativa poderán participar nun vídeo promocional e acceder a un curso de márketing e comunicación
Os concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal unen forzas para esixir solucións ao 'colapso' do transporte público
Sete municipios reclaman á Xunta unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade e a convocatoria da comisión de seguimento da licitación ante as incidencias que están sufrindo os usuarios
Eventos
Seis décadas despois, ‘El bueno, el feo y el malo’ celebra os 50 pases do Cineclube Serie B en Narón
O Pazo da Cultura acollerá o mércores 14 de outubro unha sesión especial e gratuíta do clásico de Sergio Leone, protagonizado por Clint Eastwood
As entidades de Narón dispoñen de tres semanas para optar a axudas municipais de ata 3.000 euros
O Concello reserva 33.277,76 euros para apoiar proxectos realizados en 2025 e promover a participación cidadá en trece áreas diferentes
Sedes prepárase para unha nova noite de música tradicional co II Encontro de Cantos de Taberna
O Centro Cívico Social acollerá este sábado 10 de outubro, ás 19.30 horas, as actuacións de grupos de Moeche, Ferrol e Narón
Os mozos de Narón xa poden inscribirse no Club de Debate Alingua para mellorar o seu galego oral
A iniciativa está dirixida a estudantes de ESO, Bacharelato e ciclos formativos de ata 18 anos e o prazo para formar equipos remata o 20 de novembro
Contos, xogos e libros gratis toman a Biblioteca de Narón durante todo o mes de outubro
A programación polo Día Internacional das Bibliotecas inclúe un escape room, contacontos, visitas guiadas, un encontro con escritoras locais e actividades especiais polo Samaín
O conflito no transporte de mercadorías da provincia da Coruña medra e xa ten tres novas mobilizacións convocadas
CCOO, UGT e CIG retoman as protestas ante o bloqueo do convenio e reclaman recuperar poder adquisitivo, mellorar a xornada e cobrar os tempos de presenza
Máis de 77.000 euros para mellorar o pavillón das Lagoas con novas obras
A actuación permitirá acabar coas filtracións de auga, ampliar o graderío e mellorar a seguridade dos traballos de mantemento da cuberta








