Sociedade
As familias de Fene poderán recibir 125 euros por menor para as festas de Nadal
O Concello abre do 27 de outubro ao 9 de novembro o prazo para solicitar estas axudas, dirixidas a unidades familiares con fillos e fillas de ata 16 anos que cumpran os requisitos económicos establecidos.
A Deputación da Coruña destina 100.000 euros ao Banco de Alimentos para atender a miles de persoas vulnerables
O convenio permitirá financiar a compra de produtos básicos e os gastos de persoal da entidade, que repartiu preto de 1,7 millóns de quilos de alimentos en 2025 a través de 144 organizacións sociais
Un curso de defensa persoal feminina ofrecerá ferramentas para afrontar situacións de risco
A formación está dirixida a mulleres maiores de idade e require inscrición previa nos Servizos Sociais municipais
A Estrada do Feal terá beirarrúas en 2027: Narón achega á veciñanza os planos da humanización
O Concello organiza seis xornadas informativas no local social de Piñeiros para explicar o proxecto da Deputación da Coruña, que contará cun investimento próximo ao millón de euros.
Un novo punto lector achega os libros ás persoas maiores no Auditorio Municipal de Cedeira
A Biblioteca López Cortón impulsa 'Rapetando historias', unha iniciativa que facilita o acceso á lectura e busca preservar a memoria mariñeira e as tradicións locais
ACoruñaXa | FerrolXa
A CRMH da Coruña fixo entrega do seu arquivo audiovisual á Deputación
A institución provincial preservará, catalogará e dixitalizará 168 cintas de vídeo e 6 DVD con testemuños directos do golpe de Estado de 1936 e da posterior represión franquista
ASPANEPS celebra os seus 45+1 anos de traxectoria acompañando a infancia, a mocidade e as súas familias en Ferrolterra
A entidade reuniu en Afundación profesionais, familias e representantes institucionais para repasar a súa historia e abordar os retos da saúde mental infanto-xuvenil e da inclusión social
Éxito de participación na xornada informativa en Fene sobre as subvencións da Deputación da Coruña para 2027
Numerosas entidades do municipio asistiron ao encontro organizado polo Concello e a Deputación da Coruña para dar a coñecer as diferentes liñas de axudas e resolver dúbidas sobre a súa tramitación
Mañón ofrece actividades deportivas, culturais e de conciliación durante toda a semana
O programa municipal inclúe zumba, ximnasia, pilates, tenis, pintura, cestería e actividades de memoria, ademais dunha exposición sobre as mulleres rurais de Cabo Verde
Labacengos, en Moeche, celebrará o seu XXII aniversario cunha tarde solidaria e música
A celebración será o domingo no Ventoeiro, con actuación musical de "Vai Rañala Meu", chocolate con churros de balde e unha recollida de alimentos para o Balrial Ferrol
Neda concede doce axudas á natalidade nos primeiros nove meses do ano
O Concello reserva 6.000 euros para apoiar as familias empadroadas na vila, cunha achega que ascende a 600 euros no caso de menores con discapacidade
A Casilla, nas Pontes, acollerá unha quedada lañeira este domingo
O encontro desenvolverase entre as 16.00 e as 19.00 horas e busca crear un espazo no que compartir a afección por tecer
Unha tarde de castañas, merenda e baile reunirá á terceira idade de Neda este outono
O tradicional Magosto celebrarase o 6 de novembro e as inscricións para a veciñanza abrirán o próximo martes
Dúas xornadas de formación en Valdoviño para aprender a coidar mellor de persoas dependentes
As sesións, gratuítas e abertas a familias e coidadores, abordarán desde o alzhéimer ata as mobilizacións seguras e a prevención de problemas de saúde
GaliciaXa
Que supoñen os dous decretos de vivenda aprobados polo Goberno central e como afectan ao alugueiro?
Os novos reais decretos-lei introducen cambios nos contratos de alugueiro, as prórrogas, os desafiuzamentos, os pisos turísticos, os alugueiros temporais e por habitacións, a fiscalidade e o acceso á primeira vivenda
GaliciaXa
Xa se pode solicitar o voto por correo para as eleccións xerais do 29 de novembro
Os electores poderán tramitar a solicitude ata o 19 de novembro, tanto de forma telemática a través da web de Correos como presencialmente en calquera oficina postal
Un filólogo natural do Barqueiro entra na Real Academia Galega para reflexionar sobre o futuro dos dicionarios
Ernesto González Seoane, catedrático da USC, ingresou como académico de número cun discurso centrado na relación entre a norma e o uso real da lingua galega
Eventos
San Martiño regresa a Covas tras varios anos sen celebrarse cunha xornada de festa, tradición e música
A recentemente constituída Comisión de Festas de Cobas recupera a celebración o domingo 15 de novembro cunha misa solemne, procesión, comida popular e música en directo
Narón abre unha nova convocatoria de axudas de ata 3.000 euros para entidades sen ánimo de lucro
As solicitudes poderán presentarse do 5 ao 26 de outubro e as axudas están destinadas a proxectos realizados durante 2025 para impulsar a participación cidadá
GaliciaXa
A acampada polo dereito á vivenda trasládase á Praza do Obradoiro e as concentracións convócanse noutras cidades
Os distintos colectivos baixo a Plataforma Galega Vivenda Xa están a convocar concentracións para esta fin de semana nas cidades galegas
GaliciaXa
Vivendas baleiras e alugueiros á alza: as dúas caras da crise habitacional
Os prezos, a falta de oferta, o turismo, as dificultades para mercar e as vivendas baleiras debuxan realidades diferentes pero conectadas
O Centro de Recursos Solidarios de Narón regalará libros de segunda man todos os mércores
A iniciativa estará activa ata o 31 de outubro e permitirá que cada persoa leve de balde ata cinco exemplares de diferentes xéneros
As Pontes abre un novo grupo de iniciación ao gancho para aprender desde cero
As clases están deseñadas para comezar desde os coñecementos máis básicos e avanzar de maneira progresiva
Case 400 persoas saen á rúa en Ferrol para reclamar máis vivenda e frear a escalada dos alugueiros
A concentración na praza de Armas puxo o foco nas familias con dificultades para manter os seus fogares e no elevado número de pisos baleiros da cidade









