Infraestructuras
Un incendio nunha planta de reciclaxe das Pontes deixa un bombeiro ferido
O lume, que afectou a un silo do polígono industrial dos Airíos, quedou controlado mentres continúan os labores de extinción
O caos do transporte na Coruña e Ferrolterra reabre o debate sobre como moverse sen coche
ADEGA reclama máis capacidade e planificación nos autobuses, recuperar o tren de proximidade e mellorar as conexións para bicicletas ante o aumento de usuarios e as queixas por atrasos e falta de prazas
Mandiá contará cunha nova pista polideportiva cuberta con 18 prazas de aparcamento
A Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente o plan especial que permitirá desenvolver o equipamento deportivo xunto ao local social da parroquia
O antigo cine Zárate dará paso á nova biblioteca municipal de Mugardos tras o visto e prace da Xunta
A rehabilitación do edificio histórico mobilizará máis de 1,2 millóns de euros e permitirá crear espazos de lectura, estudo, actividades culturais e atención infantil
Pontedeume renovará a sinalización dos núcleos parroquiais para mellorar a orientación no municipio
Os traballos desenvolveranse de maneira progresiva nos próximos meses e incluirán tanto a substitución de sinais deteriorados como a instalación de novos indicadores
O saneamento chega a máis vivendas de Cabanas coa ampliación da rede na zona de A Veiga-Batán
O Concello completa a terceira fase da actuación cun investimento de case 50.000 euros financiado a través do POS+2/2024
A Deputación presenta o proxecto arquitectónico da Casa de Acompañamento aos Maiores (CAM) das Pontes
Valentín González Formoso destaca que a CAM será a primeira “dun novo modelo de atención residencial máis humano, próximo e pensado non como unha residencia ou un centro hospitalario, senón coma unha casa”
Unha nova protesta levará este venres á rúa o malestar polo transporte público en Ferrolterra
A Plataforma por un Transporte Digno convoca unha concentración ás 18.00 horas na praza de España para denunciar as esperas, os autobuses cheos e as incidencias do servizo
O BNG reclama á Xunta que acelere o soterramento da liña de alta tensión de Caranza tras 25 anos de espera
Mon Fernández levará este venres ao Parlamento unha iniciativa para desbloquear unha actuación que afecta a unha das zonas máis concorridas do litoral ferrolán
Alugueiros desde 350 euros: Ares e Cedeira suman 17 vivendas ás novas opcións de alugueiro asequible
Casa 47 abre ata o 21 de setembro o prazo para solicitar as oito vivendas de Ares e as nove de Cedeira, dentro dunha convocatoria con 96 inmobles en Galicia
GaliciaXa
O Consello da Xunta aproba o novo proxecto de residencias de maiores para a creación de 25 centros con 1.800 prazas
A maiores, a iniciativa contempla outros 24 equipamentos repartidos en 12 lotes, cada un deles composto por unha residencia de máis de 100 prazas e por outra de menor tamaño que estará situada nun concello próximo
O paseo marítimo de Neda renovará as súas 90 luminarias tras anos de problemas co alumeado
A actuación, valorada en 35.500 euros, permitirá sustituir os equipos actuais por tecnoloxía LED máis eficiente e preparada para evitar a entrada de auga
O BNG levará ao Parlamento as deficiencias dos autobuses entre Ferrol, A Coruña e Lugo
Os nacionalistas denuncian a falta de conexións directas con Lugo e as avarías na liña coa Coruña, incluído un incidente no que a pasaxe tivo que abandonar un autobús dentro dun túnel
Narón sumará 14 novas vivendas públicas tras converter uns antigos locais de oficinas en fogares
A Xunta inviste 1,6 millóns de euros na transformación dun inmoble de Freixeiro, con vivendas maioritariamente de tres dormitorios e dous pisos tipo loft
Máis de vinte camiños municipais de Narón renovan o seu firme cun investimento de case 764.000 euros
Tres proxectos permiten actuar en viais de dez parroquias, con especial atención aos tramos máis deteriorados e aos afectados por obras de saneamento
Máis de 236.000 euros para mellorar dez rúas e camiños de Valdoviño
O Concello volve sacar a licitación os traballos en Lago, Meirás, Sequeiro e Valdoviño despois de que o primeiro procedemento quedase deserto
O PSdeG levará ao Parlamento as demandas educativas de Narón e Neda
Os socialistas reclamarán á Xunta a rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos e un novo comedor para o CEIP Maciñeira
A rúa Xeneral Morgado de Neda cambiará de aspecto cunha actuación de máis de 51.000 euros
O Concello renovará a capa de rodadura desta vía de 373 metros, un dos principais accesos ao casco histórico, con fondos adicionais da Deputación da Coruña
98 vivendas públicas sairán a sorteo esta semana para acceder a alugueiros accesibles na Coruña e Ferrol
A Xunta sorteará 50 pisos no barrio de Xuxán e outros 48 no Bertón, cun 40% das vivendas reservadas para menores de 36 anos
A renovación da estrada de Castela dá un novo paso e achégase ao inicio das obras en Ferrol
O Concello aproba o expediente de contratación dunha actuación de preto de 660.000 euros para renovar dous quilómetros entre a praza de España e a Ponte das Cabras
Campelo Alto dá o primeiro paso para recuperar as antigas baterías militares de Valdoviño
O pleno aproba por unanimidade a primeira fase dun proxecto que permitirá limpar, asegurar e facer máis accesible un complexo de gran valor histórico
O CPI San Sadurniño recibe unha posta a punto antes do inicio das clases con case 20.000 euros de investimento
O Concello acometeu traballos de pintura, renovación de pavimentos, reparacións na calefacción e limpeza exterior, mentres reclama á Xunta unha actuación integral no edificio de Primaria
O Concello de Valdoviño reclama á Xunta toda a información sobre o peche temporal do cámping municipal
Alberto González cuestiona que se clausure todo o recinto por unha cuestión administrativa vinculada a novas infraestruturas e pide coñecer os expedientes que motivaron a decisión
Unha vella edificación en ruínas dará paso ao futuro auditorio municipal de Pontedeume
O Concello formaliza a compra dos antigos almacéns do parque Sarmiento por 230.000 euros e prepara xa a demolición do inmoble




