Infraestructuras
Boebre contará por primera vez con un parque infantil y una zona biosaludable
El nuevo espacio permitirá crear un área de juego para los niños y otra destinada al ejercicio de las personas mayores gracias a la cesión de una parcela por parte de la asociación vecinal
Sete novas accións buscan dar o impulso definitivo á candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial
O Goberno local prepara un programa de actividades cun orzamento de 118.148 euros para reforzar a divulgación do patrimonio e conseguir o respaldo cidadán ao proxecto
O cubo do muíño do Parque Lineal de Fene recuperará a súa iluminación e contará con limpezas periódicas
O Concello executa estes días traballos de limpeza e acondicionamento neste espazo e prepara para setembro a limpeza dos ríos urbanos de Fene, Perlío, Barallobre, Maniños e Limodre
MoveNeda carga contra Alvariño pola demora na pasarela do Belelle: '27 meses de papeleo para unha obra de seis semanas'
A formación veciñal cuestiona a xestión do Concello de Neda tras a caída da antiga estrutura e reclama explicacións sobre os 14 meses que, segundo denuncia, pasaron sen avances no expediente
Continúa aberta a convocatoria para acceder a 99 vivendas de alugueiro accesible en Galicia
As vivendas dispoñibles presentan superficies de entre 30 e 162 metros cadrados, mentres que as rendas mensuais oscilan entre os 350 e os 705 euros. O prezo medio sitúase en 6,24 euros por metro cadrado
A Casa da Cultura de Neda estrena ventás e portas tras unha renovación de máis de 70.000 euros
A actuación permitiu mellorar a eficiencia enerxética, o illamento acústico e a seguridade do edificio
Máis de 476.000 euros transformarán o Torrente Ballester no futuro Museo de Ferrol
As obras xa están en marcha e permitirán renovar os espazos interiores, actuar sobre a cuberta e mellorar as instalacións do edificio
A Ponte de Pedra terá cortes intermitentes este mércores por unhas obras na beirarrúa
Os traballos de formigonado comezarán ás 7.30 horas e afectarán á circulación entre Cabanas e Pontedeume durante a mañá
Dúas instalacións deportivas de Ferrol afrontarán obras por máis de 435.000 euros
O pavillón de Santa Mariña e a Casa do Deporte serán renovados con actuacións nas cubertas, pistas, iluminación, accesibilidade e sistemas de ventilación
Rematan as obras de reparación da ponte pontesa sobre o Chamoselo en Pedrafita
A intervención consistiu na demolición da antiga estrutura e na construción dunha nova ponte de formigón armado
A sala fitness do Complexo Acuático do Castro pechará durante case dúas semanas por obras de mellora
As instalacións permanecerán pechadas do 19 ao 31 de agosto, ambos os días incluídos, para adiantar os traballos previstos
As obras da Ponte de Pedra volven provocar problemas de tráfico en pleno agosto e o Concello reclama explicacións
O Concello de Pontedeume traslada unha queixa formal ao Ministerio de Transportes e á Demarcación de Estradas polas retencións provocadas durante os traballos na N-651
O Concello das Pontes investirá máis de 120.000 euros na mellora de dous camiños rurais en San Pedro de Eume e O Aparral
As actuacións, financiadas por AGADER a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2026-2027, permitirán reforzar a seguridade viaria e as comunicacións en zonas rurais do municipio
As bibliotecas da Diócesis de Mondoñedo-Ferrol catalogan 7.000 novas obras e avanzan na apertura dos seus fondos á sociedade
O traballo desenvolvido en Mondoñedo e Ferrol inclúe tamén a conservación de incunables, a incorporación de bibliotecas persoais e novos recursos para facilitar a consulta e investigación
O Concello de Neda denuncia novos actos vandálicos no parque infantil dos Subarreiros
Os danos afectan ao pavimento amortecedor do galeón poucos días despois da súa posta a punto e o Goberno local solicita colaboración veciñal para identificar os responsables
PSOE, BNG e Ferrol en Común piden explicacións polo atraso de obras en centros educativos de Ferrol
Os grupos da oposición alertan da situación no IES Sofía Casanova, no CEIP Esteiro e do estado da contorna do CEIP Ángela Ruíz Robles a poucas semanas do inicio do curso
O Centro de Día de Caranza mellorará a súa accesibilidade cun investimento de máis de 41.000 euros
A Xunta executa unhas obras financiadas con fondos europeos que permitirán renovar espazos interiores e acondicionar a zona exterior do centro de maiores de Ferrol
A renovación do pavillón municipal de Cariño mellora a seguridade e as condicións para a práctica deportiva
A Xunta financiou o 80 % dunha actuación de máis de 237.000 euros que permitiu reparar a cuberta, renovar a pista e adaptar as saídas de evacuación
Un panel interpretativo recupera a memoria da antiga fábrica de salgadura escavada xunto á praia da Madalena
A nova sinalización permite comprender como funcionaban as antigas instalacións que impulsaron a economía mariñeira de Cedeira
A piques de abrir as súas portas tras un investimento de 420.000 euros para converterse no novo corazón social de Cerdido
A renovada Casa da Cultura contará cun centro de maiores, un espazo de coworking, unha aula de formación e unha contorna adaptada con novos servizos para a veciñanza
A renovación da pista do pavillón do Val entra na súa recta final
O Concello de Narón inviste preto de 27.000 euros na instalación dunha nova superficie de xogo para mellorar a práctica deportiva e adaptar a instalación a varias disciplinas
A renovación das beirarrúas da avenida de Tarrío continúa e sumarase nova arborado para gañar zonas de sombra
O Concello de Fene anuncia que a actuación mellorará a accesibilidade e a seguridade peonil e que este plan estenderase progresivamente a outras parroquias
O antigo Cine Zárate inicia o camiño para converterse na nova biblioteca municipal de Mugardos
O Concello licita as obras de rehabilitación dun edificio histórico que albergará un novo espazo cultural e educativo cun investimento superior aos 1,2 millóns de euros
A reforma integral do CEIP A Gándara avanza este verán cun investimento de 1,5 millóns de euros
As obras permitirán mellorar a eficiencia enerxética, a accesibilidade e o estado xeral dun edificio con máis de catro décadas de antigüidade




