Infraestructuras
A Xunta licitará por máis de 16,3 millóns de euros a construción de 92 vivendas públicas en Narón
Os novos fogares situaranse na avenida 3 de Abril e incluirán vivendas de dous, tres e catro dormitorios, ademais de prazas de garaxe
Cerdido renova 160 metros da pasarela de Pontellas cun investimento de 30.000 euros
A actuación mellora o acceso á área recreativa do Castro e incorpora unha malla antiesvarante para aumentar a seguridade dos usuarios
A Estrada do Feal terá beirarrúas en 2027: Narón achega á veciñanza os planos da humanización
O Concello organiza seis xornadas informativas no local social de Piñeiros para explicar o proxecto da Deputación da Coruña, que contará cun investimento próximo ao millón de euros.
Avarías e atrasos de ata dúas horas complican as viaxes en autobús entre Valdoviño e Ferrol
O PSOE denuncia que as incidencias dos últimos días están a prexudicar estudantes e traballadores, con vehículos que presentan problemas mecánicos e usuarios que perden clases e conexións
Un novo parque infantil máis grande e con xogos inspirados nun barco pirata chegará Cedeira
O Concello licita por preto de 78.000 euros a reforma e ampliación da área de xogos de Floreal, que pasará de 124 a 201 metros cadrados e incorporará novas estruturas para diferentes idades e capacidades
A Plataforma por un Transporte Digno esixe explicacións á Xunta polos incumprimentos do autobús en Ferrolterra
O colectivo reclama aos alcaldes que pidan contas sobre o control das concesións tras a publicación das compensacións extraordinarias ás empresas
Transportes inicia as obras de rehabilitación da ponte das Pías en Ferrol
A partir das 13:00 horas do martes 20 de outubro, cortaranse os carrís exteriores de circulación no tramo comprendido entre os quilómetros 2,740 e 3,060 da estrada FE-14
Ferrol destina máis de 165.000 euros para o aglomerado de varios camiños en San Xurxo
O Goberno local dá resposta así a unha demanda histórica da veciñanza do rural coa mellora de varias vías que presentan un avanzado estado de deterioración
Ferrol adxudica por máis de 1,1 millóns de euros as obras para abrir Caranza ao mar
A intervención contempla unha reorganización integral do ámbito, con melloras na mobilidade peonil e ciclista, nos accesos desde o tecido urbano e nos espazos
Remata a segunda fase das obras de mellora da rúa Pardo Bazán das Pontes
As actuacións forman parte dun plan progresivo de rehabilitación da vía, iniciado coa primeira fase en 2022, co obxectivo de mellorar a accesibilidade, a seguridade viaria e a calidade dos servizos
Cedeira inicia as obras de saneamento na rúa Moeche cun investimento de 88.809 euros
A intervención durará dous meses e permitirá separar a recollida de augas residuais e pluviais, ademais de renovar o pavimento e as beirarrúas
As Vivendas da Mariña estrean proxecto para transformar o seu Centro de Maiores e facelo accesible
O Concello de Narón adxudica por 285.666,10 euros unha reforma integral que renovará os espazos, instalacións e equipamentos do local
Unha fonte con 140 anos de historia recuperará o seu esplendor no corazón de Ortigueira
A Fonte da Penela, construída en 1887 e integrada no catálogo patrimonial de Galicia, está a ser restaurada cun investimento próximo aos 3.000 euros
A piscina municipal de Cedeira afronta unha renovación integral con máis de 586.000 euros de investimento
As obras xa están en marcha e permitirán ampliar o vaso ata os 25 metros, ademais de modernizar a cuberta, a fachada e os sistemas de depuración, ventilación e iluminación
Máis dun millón de euros para mellorar a seguridade viaria na estrada DP-5002 en Monfero
A actuación permitirá ampliar a calzada ata os seis metros e facilitará a circulación nun treito de 2,5 quilómetros entre A Pila da Leña e Lagares
As novas butacas do auditorio de Valdoviño xa comezan a cambiar o aspecto da Casa da Cultura
O retapizado avanza de forma progresiva, fila a fila, para evitar interferencias coa programación cultural e manter o auditorio operativo
O PSOE de Ferrol propón códigos QR nas paradas para rexistrar as incidencias do autobús en tempo real
Julián Reina reclama avances na investigación sobre as deficiencias do transporte público e formula crear un rexistro municipal para documentar atrasos, supresións e outras anomalías
Eventos
O BNG acusa o PP de presentar como propio un proxecto de humanización do Areal que considera 'herdado e recortado'
Os nacionalistas votaron a favor da licitación, aínda que critican que a actuación actual abrangue só 270 metros da N-651 e lembran que conta con 180.000 euros da Deputación
GaliciaXa
Vivendas baleiras e alugueiros á alza: as dúas caras da crise habitacional
Os prezos, a falta de oferta, o turismo, as dificultades para mercar e as vivendas baleiras debuxan realidades diferentes pero conectadas
Cabanas licita por 582.000 euros a humanización dun tramo da avenida do Areal
A actuación renovará o saneamento, soterrará os cableados e mellorará a accesibilidade e a mobilidade nun tramo da N-651
As Somozas incorpora un novo punto de subministración de combustible para vehículos agrícolas
A instalación, situada na parroquia de Recemel, contou cunha axuda de 125.554 euros do programa Leader para impulsar a actividade no rural
A glorieta de Xuvia xa está rematada tras un investimento de 405.000 euros
A actuación na intersección das estradas AC-862 e AC-115 elimina os semáforos, mellora a conexión co camiño da Bacela e incorpora unha nova beirarrúa no Portazgo
A rúa Real de Ferrol estreará iluminación LED e novo mobiliario urbano
As obras contan cun investimento de 318.695 euros, manterán os 17 puntos de luz actuais e incluirán o soterramento do cableado visible
O Bertón da un novo paso para sumar 58 vivendas públicas en Ferrol
Dez empresas compiten pola construción dun edificio na parcela P-15, cun investimento de máis de 10,2 millóns de euros e pisos dun, dous e tres dormitorios









