Novas de Ferrol
O Campus Industrial de Ferrol crea uns trofeos únicos para o Pantin Classic con impresión 3D que incorporan area
As oito pezas que recibirán os gañadores da categoría QS 6000 Internacional reproducen unha onda rompendo e incorporan no seu interior area como vínculo co territorio
Cinco trens ao día para conectar A Coruña e Ferrol: a reivindicación que volve poñer o foco nunha liña clave para o norte de Galicia
O Foro Cidadán reclama once frecuencias por sentido mentres Renfe advirte das limitacións de material e persoal para ampliar o servizo
Continúa aberta a convocatoria para acceder a 99 vivendas de alugueiro accesible en Galicia
As vivendas dispoñibles presentan superficies de entre 30 e 162 metros cadrados, mentres que as rendas mensuais oscilan entre os 350 e os 705 euros. O prezo medio sitúase en 6,24 euros por metro cadrado
O PSOE de Ferrol reclama unha verdadeira humanización da estrada de Castela e non só un novo asfaltado
Os socialistas cuestionan a actuación prevista polo Goberno local e lembran o proxecto que contemplaba máis espazo peonil, accesibilidade, arborado e unha mobilidade máis sostible
Ferrol en Común reclama ao Goberno local unha ordenanza para poñer orde ao estacionamento de autocaravanas
A formación lembra que o Pleno aprobou en maio, por unanimidade, iniciar un diálogo cos colectivos afectados para regular caravanas, campers e autocaravanas
Histagra pide a colaboración das familias para avanzar na investigación das fosas de Serantes
A primeira intervención arqueolóxica no cemiterio de Ferrol realizarase entre o 31 de agosto e o 11 de setembro para investigar un espazo no que foron enterradas polo menos 197 vítimas da violencia franquista
Máis de 500.000 euros en obras e aínda sen data para rematar o Carvalho Calero
O BNG de Ferrol reclama reparar as butacas do salón de actos e abrir a biblioteca mentres critica os atrasos e o que cualifica de falta de control do Goberno de Rey Varela
Máis de 418.000 euros para mellorar a climatización e a eficiencia enerxética da Escola Náutico-Pesqueira de Ferrol
A actuación centrarase na residencia do alumnado e terá un prazo de seis meses, nun centro que conta con instalacións residenciais para estudantes de formación marítimo-pesqueira
Ferrolterra vive unha eclipse histórica cunha multitude volcada nas praias, miradoiros e espazos naturais
Doniños, Valdoviño, Cedeira, San Sadurniño e outros puntos da comarca enchéronse de veciñanza e visitantes para contemplar como o día se convertía en noite durante pouco máis dun minuto
O Rali de Ferrol volve á comarca con oito treitos e case 100 quilómetros contra o reloxo
A 57ª edición disputarase os días 21 e 22 de agosto por estradas de Ferrolterra e será a sexta proba do Campionato de Galicia de Ralis sobre asfalto
A eclipse total de Sol chega a Ferrolterra, Eume e Ortegal: consulta cando se verá no teu concello
Toda a comarca quedará dentro da franxa de totalidade e en varios puntos superarase o minuto de escuridade total
A UPG volverá homenaxear a Moncho Reboiras en Ferrol no 51 aniversario do seu asasinato
Os actos do 12 de agosto incluirán unha concentración na praza de Armas, unha ofrenda floral no lugar onde morreu e un acto político no Cantón
A X Solidaria permitiu desenvolver 40 proxectos de COGAMI e das súas entidades membro en Galicia
Os fondos do 0,7 % do IRPF financian 11 programas de atención directa e 29 actuacións de investimento e mellora de centros, con máis de 4.300 persoas beneficiarias
O porto de Curuxeiras prepárase para dous días de música con The Rapants, Baiuca e Puño Dragón
O Nachiños Fest celebra a súa sétima edición os días 14 e 15 de agosto cun cartel que combina referentes da escena galega, bandas emerxentes e propostas de diferentes estilos
A oposición de Ferrol reclama máis control nas actividades para evitar normalizar o alcohol entre menores
PSdeG, BNG e Ferrol en Común cuestionan a programación infantil anunciada para a Festa da Cervexa e piden ao Goberno local que garanta propostas seguras e responsables
Curuxeiras énchese de diversión coa Festa do Grumete e unha gran degustación de produtos do mar
Inchables, talleres, festa da escuma e unha carpa gastronómica da Confraría de Pescadores converterán a zona portuaria de Ferrol nun punto de encontro para as familias durante toda a fin de semana
PSOE, BNG e Ferrol en Común piden explicacións polo atraso de obras en centros educativos de Ferrol
Os grupos da oposición alertan da situación no IES Sofía Casanova, no CEIP Esteiro e do estado da contorna do CEIP Ángela Ruíz Robles a poucas semanas do inicio do curso
O Centro de Día de Caranza mellorará a súa accesibilidade cun investimento de máis de 41.000 euros
A Xunta executa unhas obras financiadas con fondos europeos que permitirán renovar espazos interiores e acondicionar a zona exterior do centro de maiores de Ferrol
O Trofeo Emma Cuervo presenta unha nova edición con dobre cita de fútbol en Ribadeo
O Pepe Barrera acollerá os enfrontamentos entre Deportivo e Sporting no torneo feminino e Racing de Ferrol e Real Avilés Industrial no masculino
A peixería do mercado da Magdalena reabre cunha imaxe renovada e dez postos de venda
A reforma reorganiza o espazo para mellorar a accesibilidade e o Concello xa prepara a futura creación dun gastromercado para impulsar a actividade comercial
Unha tese da UDC abre o camiño cara a dispositivos electrónicos máis resistentes e flexibles
A investigación, desenvolvida no CITENI do Campus Industrial de Ferrol, achega novas claves para mellorar a durabilidade da electrónica orgánica
A UDC organizará en Ferrol un campamento de creatividade e ciencia para facilitar a conciliación ao remate do verán
A iniciativa, dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, desenvolverase do 31 de agosto ao 8 de setembro no Campus Industrial
A Confraría de Cedeira impulsará un proxecto para reforzar a formación e o relevo xeracional no sector pesqueiro
A iniciativa 'Tecendo Futuro' incluirá un curso de reparación de artes de pesca e accións para poñer en valor o patrimonio mariñeiro e a conservación do medio mariño
O BNG critica a programación das festas de Ferrol por considerar 'marxinal' a presenza da cultura galega
A formación nacionalista reprocha ao goberno local a falta de diálogo coa oposición e reclama unha oferta máis diversa e con máis actividades en galego para todos os públicos




