Novas de Ferrol
O transporte público de Ferrolterra, Eume e Ortegal chega ao pleno da Deputación da Coruña entre reclamacións por máis frecuencias e mellores conexións
PSOE e BNG presentaron unha moción conxunta para reclamar á Xunta e ao Goberno central actuacións urxentes por deficiencias no servizo de autobús e no ferrocarril, pero a iniciativa non chegou a debaterse
A Sala Curuxeiras acollerá desde este venres a exposición 'Sensaciones' da pintora Chechela García
A mostra reúne medio cento de óleos e poderá visitarse ata o 27 de setembro na sala de exposicións da Autoridade Portuaria
Unha nova protesta levará este venres á rúa o malestar polo transporte público en Ferrolterra
A Plataforma por un Transporte Digno convoca unha concentración ás 18.00 horas na praza de España para denunciar as esperas, os autobuses cheos e as incidencias do servizo
Ferrol en Común pide medidas más contundentes ante el avance da seca na comarca
A formación considera insuficiente a situación de prealerta e reclama actuar sobre as fugas, recuperar captacións abandonadas e mellorar a xestión do encoro das Forcadas
O BNG reclama á Xunta que acelere o soterramento da liña de alta tensión de Caranza tras 25 anos de espera
Mon Fernández levará este venres ao Parlamento unha iniciativa para desbloquear unha actuación que afecta a unha das zonas máis concorridas do litoral ferrolán
Ferrol reúne esta semana a mulleres migrantes para impulsar o seu liderado e participación política
As xornadas europeas celebraranse do 24 ao 26 de setembro no Campus Industrial de Ferrol da UDC e ofrecerán formación en comunicación, oratoria e portavocía
O BNG levará ao Parlamento as deficiencias dos autobuses entre Ferrol, A Coruña e Lugo
Os nacionalistas denuncian a falta de conexións directas con Lugo e as avarías na liña coa Coruña, incluído un incidente no que a pasaxe tivo que abandonar un autobús dentro dun túnel
Barallobre retira máis dunha tonelada de residuos da praia de Maniños con apoio da Xunta
A Confraría recibirá máis de 97.800 euros para desenvolver durante 2026 e 2027 traballos de limpeza e retirada de arribazóns de algas
Marionetas, títeres e sombras toman Ferrolterra e Miño con máis de 20 funcións internacionais
O Festival Internacional de Entes Animados celebra a súa oitava edición do 12 ao 27 de setembro con compañías de Galicia, Europa e América e espectáculos gratuítos
As praias de Ferrol quedan sen socorristas este sábado tras máis de 500 intervencións este verán
A campaña de vixilancia e salvamento pecha o 12 de setembro despois de tres meses de servizo e 60 profesionais mobilizados
O conflito no comercio de alimentación da Coruña mantén a presión con novas protestas e folgas en outubro
CCOO, CIG, UGT e USO retoman este xoves as mobilizacións cunha concentración de doce horas no Gadis de Montealto e anuncian novas protestas en Ferrolterra ante o bloqueo da negociación do convenio
A renovación da estrada de Castela dá un novo paso e achégase ao inicio das obras en Ferrol
O Concello aproba o expediente de contratación dunha actuación de preto de 660.000 euros para renovar dous quilómetros entre a praza de España e a Ponte das Cabras
Café Quijano levará a súa xira 'Miami 1990' ao Auditorio de Ferrol o 17 de abril
A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación do concerto do trío leonés, que repasará os grandes éxitos dunha carreira de case tres décadas
A falta de trens volve poñer en xaque a conexión ferroviaria entre Ferrol e Ortigueira
A plataforma en defensa do ferrocarril alerta de que as avarías e a escaseza de unidades están deixando o servizo galego condicionado polas necesidades de Asturias
Teatro e música sinfónica se unen en 'A Culpa', o espectáculo que chegará á Coruña no verán de 2027
A adaptación da novela de María Solar, que se estreará en Ferrol o 7 de novembro, contará con música orixinal interpretada en directo por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia
Cobas recupera o pulso das súas tradicións coa creación dunha nova asociación cultural
A entidade nace coa mirada posta en recuperar celebracións moi arraigadas na parroquia, como a festa de San Martiño ou a das Cabazas
O Mantón volve tomar o parque Raíña Sofía cunha nova verbena para as persoas maiores
A celebración será o sábado 12 de setembro ás 21.00 horas e estará precedida por un coloquio e un obradoiro de baile
A Asociación Veciñal de Canido abre as inscricións para o novo curso con tai chi e baile galego
A programación 2026/27 incorpora estas dúas novidades e mantén unha ampla oferta de actividades culturais e de lecer no barrio
Abren a inscrición para unha nova Xornada de Pesca no porto de Ferrol con 40 prazas para mozos
A actividade, gratuíta e dirixida a participantes de entre 14 e 18 anos, celebrarase o 26 de setembro no espigón exterior
A UDC crea unha nova Vicerreitoría centrada na estratexia dixital e a intelixencia artificial
A remodelación do Equipo de Goberno incorpora novos responsables de áreas como Profesorado, Estudantes e Empregabilidade, Economía e Planificación Estratéxica e Xerencia
Os drons debuxan Ferrol no ceo para poñer o broche ás festas de verán
As formacións luminosas sobre a ría recrearon símbolos da cidade como as Meninas de Canido ou as grúas de Navantia
Por que os traballadores deciden quedar nunha empresa? Un TFG do Campus Industrial de Ferrol analiza as claves
Iván Montero obtivo unha Matrícula de Honra cun estudo que sitúa o salario como un factor importante, pero non determinante para reter talento
O PCG de Ferrol chama a non participar nas concentracións do 2 de setembro e critica o papel do PP e do PSOE
O Comité Comarcal de Ferrolterra dos comunistas denuncia os episodios de violencia contra persoas migrantes en Ceuta e pide unha resposta democrática e organizada
PSOE, Ferrol en Común e BNG cuestionan que o Goberno local de Ferrol convoque a concentración do 2 de setembro
Os tres grupos da oposición aseguran que a adhesión á mobilización foi unha decisión unilateral do Goberno municipal do PP e critican o uso dos medios oficiais para presentala como unha iniciativa institucional




