FerrolXa
Labacengos, en Moeche, celebrará o seu XXII aniversario cunha tarde solidaria e música
A celebración será o domingo no Ventoeiro, con actuación musical de "Vai Rañala Meu", chocolate con churros de balde e unha recollida de alimentos para o Balrial Ferrol
Peter Punk levará o seu humor irreverente ás Somozas co espectáculo "Peor Imposible"
O pallaso galego ofrecerá unha función familiar ás 20.00 horas no Centro Cívico Sociocultural, con equilibrios, probas disparatadas e participación do público
GaliciaXa
Arranca a vacinación antigripal sen picada en 75 colexios galegos para chegar a máis de 26.500 escolares
Desde hoxe tamén se abre a vacinación infantil nos centros de saúde, desde os 6 meses aos 11 anos, administrando a vacina intranasal a partir dos 2 anos
A Xunta Electoral ordena retirar publicacións do Concello de Cabanas por vulnerar a neutralidade institucional
O órgano electoral estima por unanimidade a denuncia dos nacionalistas contra o Concello e o alcalde, Fernando Couce, pola difusión de logros de xestión durante o período electoral
O BNG de Ortigueira acudirá á Valedora do Pobo polas trabas para acceder á información municipal
A formación reclama respostas ás solicitudes presentadas en agosto sobre subvencións, orzamentos, inspeccións e licenzas urbanísticas
O Campus Industrial de Ferrol achegará a cultura castrexa ao alumnado con obradoiros prácticos
A iniciativa inclúe tres propostas sobre os poboados castrexos, a cerámica e a indumentaria antiga, adaptadas a diferentes cursos de Primaria e da ESO
GaliciaXa
Os Trens Turísticos de Galicia pechan a tempada de verán cunha ocupación do 93,4 %
O programa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE, incrementou un 9,4 % a oferta de prazas e rexistrou un aumento do 11% no número global de viaxeiros
Fillas de Cassandra traerá o seu novo disco 'Tertúlia' ao escenario do Pazo da Cultura
O dúo vigués actuará o 31 de outubro ás 20.00 horas cun espectáculo que combina música, baile e unha proposta escénica que vai da intimidade da casa á enerxía da verbena
Cabanas prepara o Paseo Marítimo para o inverno con tarefas de poda e mantemento
Os traballos buscan controlar o tamaño da vexetación e evitar que as follas obstrúan os sumidoiros e provoquen acumulacións de auga, ademais de protexer o mobiliario urbano fronte á humidade
Valdoviño ofrece formación gratuíta para coidar persoas con alzhéimer e outras demencias
A actividade celebrarase os días 14 e 15 de outubro no centro sociocomunitario e abordará desde os síntomas do deterioro cognitivo ata as técnicas de mobilización e o fomento da autonomía
Veciños de Narón recollen sinaturas para reclamar unha solución á presenza de cascudas nas súas rúas
O PP denuncia a situación nas rúas Cambre e Méndez Núñez e pide ao goberno local unha actuación inmediata para atallar o problema
AMariñaXa | FerrolXa
Carlos Gil: "Queremos poñer a A Mariña e Ortegal no mapa da riqueza submarina"
O focense combina ciencia, mergullo e divulgación nun traballo que pon o foco nun patrimonio natural que permanece oculto baixo a superficie
Un magosto para toda a familia encherá de actividades o San Martiño do Porto, en Cabanas
A xornada do sábado 17 de outubro combinará talleres infantís, castañas, chocolate, liscos e música de Alberto Bellón
GaliciaXa
A folga do comercio da alimentación arrinca con protestas e novas mobilizacións á vista
Os traballadores reclaman melloras salariais e laborais ante o bloqueo do convenio provincial, cunha nova xornada de paro este domingo e unha manifestación na Coruña o martes
Dous cadros que converten o patrimonio de San Sadurniño en arte pasan a formar parte da colección municipal
Albert Giménez Torrent gaña o primeiro Premio de Pintura con 'Atmosferas (San Sadurniño)' e Eduardo Pérez Baamonde logra o segundo posto por 'Castelo de Naraío'
A hostalería de Cedeira prepara a sétima edición do certame Tapas de Outono
O concurso celebrarase do 13 ao 15 de novembro, con petiscos a tres euros, e os establecementos interesados poderán inscribirse ata o 14 de outubro
Tres sesións de cine achegarán a realidade das mulleres rurais a Mañón e Neda este outubro
O programa estatal inclúe unha película en O Barqueiro e dúas na Casa da Cultura de Neda, acompañadas de coloquios e propostas para dar protagonismo ás mulleres do rural
Tres obradoiros ensinan a reparar e transformar roupa para darlle unha segunda vida
A proposta desenvolverase na Casa Rectoral de Ares durante outubro e promoverá a costura creativa, a reutilización téxtil e o consumo responsable
Cabanas incorpora un novo tractor cortacéspede para axilizar o mantemento das zonas verdes
A máquina custou 17.998,75 euros e foi financiada nun 75 % cunha subvención da Xunta de Galicia
A Casilla, nas Pontes, acollerá unha quedada lañeira este domingo
O encontro desenvolverase entre as 16.00 e as 19.00 horas e busca crear un espazo no que compartir a afección por tecer
O CEIP A Solaina reclama unha rehabilitación integral mentres o PSdeG leva as súas demandas ao Parlamento
Aitor Bouza esixe á Xunta unha partida específica nos orzamentos e cuestiona que as actuacións previstas se limiten a obras puntuais no centro educativo de Narón
Unha tarde de castañas, merenda e baile reunirá á terceira idade de Neda este outono
O tradicional Magosto celebrarase o 6 de novembro e as inscricións para a veciñanza abrirán o próximo martes
ACoruñaXa | FerrolXa
A COMG e ARIGAL denuncian roubos e actos vandálicos en canteiras da provincia da Coruña
As entidades alertan do impacto dos incidentes sobre a actividade das empresas e reclaman máis vixilancia e medidas preventivas
GaliciaXa
A Deputación da Coruña achega 52.000 euros para unha oficina móbil destinada ás probas de automobilismo
O novo vehículo permitirá mellorar os medios técnicos das competicións e contará con espazos para a dirección de carreira, o control de tempos e as reunións dos comisarios



