Eventos
Contos, teatro e monicreques para os máis pequenos: así será o novo ciclo de Apego en Narón
O programa gratuíto, pensado para familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, ofrecerá catro sesións entre setembro e novembro no Centro Cívico Social de San Xiao
Ares prepara unha viaxe en autobús para vivir o San Froilán de Lugo
A excursión será o venres 9 de outubro e as prazas son limitadas, con inscricións abertas ata o día 7
Ares convida este sábado a descubrir e degustar os produtos da ría de Ferrol
A xornada gastronómica será gratuíta e aberta ao público no paseo marítimo, entre as 12.00 e as 13.30 horas
O Foro dos Vivos regresa a Porto do Cabo para poñer no centro os Camiños de Santo André
A cuarta edición celébrase este sábado e domingo con charlas, música, artesanía e unha ruta ata Santo André de Teixido, mentres a Deputación anuncia que converterá os camiños nun dos seus eixes turísticos en 2027
Tres días de festa, orquestras e 30 anos de San Pipote: Bardaos xa está preparada para celebrar Santa María
A parroquia de San Sadurniño arranca este xoves as celebracións, que incluirán as tradicionais Olimpíadas Parroquiais e unha nova procesión dos bocois de calimotxo
Tres días de festa, música e tradición para celebrar as festas patronais na honra a Santa María
A programación, do 8 ao 10 de setembro, incluirá as actuacións das orquestras Costa Dorada e Trébol, fogos artificiais e unha degustación gratuíta de liscos e chourizos
As Vespas tomarán Moeche este sábado cunha ruta nocturna que visitará a Mina Piquito
O Vespa Club Ferrol Golfos e Kinkis celebra a cuarta edición de 'Kinkis in the Night' cun percorrido que inclúe unha visita guiada ao antigo xacemento mineiro
Máis de dez tartas de queixo tomarán Narón este fin de semana co Cheesecake Fest
O festival gastronómico chega ao Parque do Río Freixeiro do 4 ao 6 de setembro con foodtrucks, entrada gratuíta e propostas para gozar en familia ou acompañados das mascotas
O Mantón volve tomar o parque Raíña Sofía cunha nova verbena para as persoas maiores
A celebración será o sábado 12 de setembro ás 21.00 horas e estará precedida por un coloquio e un obradoiro de baile
Sedes prepárase para unha gran festa da música tradicional coa cuarta edición da súa Foliada
A cita será o 19 de setembro na Feira do Trece de Narón e combinará música, baile, artesanía, teatro e gastronomía durante toda a xornada
A Festa do Requeixo de A Capela volve encher As Neves e esgota o seu produto estrela
A XXXVI edición reuniu numeroso público durante toda a xornada, con arredor de 2.500 racións de requeixo repartidas e medio centenar de postos
O futuro da Vila do Libro de Pontedeume segue no aire mentres o PP reclama unha nova data
O festival literario non se celebrará este verán no formato habitual e o Concello anunciou que estudaría asumir a organización da cita
Cedeira recupera este sábado o rito das Vodas Celtas no XVIII Lugnasad
A celebración reunirá parellas chegadas de distintos puntos de Galicia e da península nunha xornada dedicada á tradición celta, con actividades ao longo de todo o día
Todo preparado para a XVII Feira Rural de San Sadurniño, que reunirá este sábado produtores, artesanía e actividades para toda a familia
A Leira da Cortiña acollerá unha nova edición da cita, con mercado de proximidade, degustacións, obradoiros, concursos e propostas para todos os públicos
As Festas das Peras de Pontedeume xa ten programación para unha semana chea de música e actividades
Concertos, DJs, unha nova proposta de ocio para a mocidade e unha festa infantil protagonizarán a programación do 4 ao 11 de setembro
Meninas de Canido contará con 36.000 euros de apoio para unha nova edición que volverá encher Ferrol de arte
O festival celebrarase do 4 ao 6 de setembro e reunirá propostas culturais e artísticas no barrio de Canido, que volverá ser o epicentro da programación
Un relatorio en Ares lembrará a figura e o legado de Bello Piñeiro polos 140 anos do seu nacemento
A Casa Rectoral acollerá este xoves un encontro sobre a traxectoria do pintor galego, coa participación da historiadora da arte María Fidalgo Casares e do alcalde de Ares, Julio I. Iglesias Redondo
Mañón estrea unha mostra para poñer en valor as razas autóctonas de Galicia na praia de Esteiro
A primeira edición celebrarase o 29 de agosto con exposición de gando, un concurso morfolóxico de cabalo de pura raza galega e unha degustación gratuíta de produtos
A Romaría da Cortiña despide agosto en San Sadurniño cunha xornada de música, cultura e actividades para todos os públicos
A cita celebrarase o domingo 30 de agosto xunto ao río, con concertos, unha proposta infantil, encontros e unha zona gastronómica
Inchables, piñata e xogos para celebrar este sábado a IX Festa Infantil de San Martiño do Porto
A xornada festiva comezará ás 12.00 horas no C.C.R.D. San Martiño do Porto, en Cabanas, con actividades para os máis pequenos e prezos populares
O Porco do Ortegal volve ser protagonista en Cedeira cunha fin de semana dedicada á gastronomía
A terceira edición da festa levará á praza do Floreal diferentes elaboracións de carne, propostas para levar e música durante o sábado e o domingo
U2 e Queen tomarán a Praza Roxa cunha noite de grandes clásicos do rock
MU2 e McKuin ofrecerán este sábado dous concertos tributo a partir das 22.45 horas e da 1.00 horas
Pepe Coira leva a San Sadurniño os segredos de 'Hierro' e 'Rapa' nun obradoiro de guión
O guionista e produtor impartirá o 27 de agosto unha clase maxistral gratuíta sobre escritura audiovisual, dentro da programación do XI Chanfaina Lab
Unha viaxe ao campo de hai décadas: Cerdido recupera a tradición da malla con 16 edicións de historia
Os Casás celebrará o sábado 29 de agosto unha nova edición da súa Malla Tradicional, con recreación das antigas tarefas agrícolas, comida popular e música ata a noite



