Eventos
San Mateo prepara unha tarde de sustos coa Casa do Terror e o seu paseo de luces polo Samaín
A celebración do sábado 31 de outubro incluirá un percorrido terrorífico, un obradoiro de cabazas, xogos temáticos, música e unha degustación de caldo e liscos
A Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes ofrecerá dous obradoiros para os que está aberta a inscrición
As actividades celebraranse este sábado, 31 de outubro, na carpa da praza de América, con propostas para público infantil e adulto a cargo de Fabián Rondón, Mellor Cociñeiro de Cogomelos de Galicia 2025
GaliciaXa
Raposa gaña o Premio Narf e levará 4.000 euros tras conquistar o xurado en Santiago
A banda pontevedresa impúxose a Sofía Espiñeira e Abril na final da XVIII edición do certame musical da Deputación da Coruña, nunha gala marcada pola homenaxe a Fran Pérez no décimo aniversario do seu falecemento
O Centro Cívico de Canido acollerá un festival solidario de O Talentiño
O festival celebrarase o domingo 8 de novembro, ás 17:00 horas, con actuacións musicais, sorteos e vendas solidarias
Máis de 60 músicos de Narón encherán de música o centro comercial Odeón este sábado
A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil Sementeira ofrecerán dúas actuacións na praza de eventos entre as 18.00 e as 19.00 horas, cunha representación de músicos de entre 11 e 30 anos
O Quilómetro do Terror de Catabois, en risco por un problema coa vía de financiamento
PSdeG-PSOE, Ferrol en Común e BNG piden ao goberno local que busque unha alternativa administrativa ou económica para salvar unha celebración que leva máis de 15 anos enchendo de ambiente o barrio e impulsando a hostalaría e o comercio
Castañas, liscos, música e disfraces para celebrar o magosto de Laraxe este sábado
A Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva San Mamede organiza unha festa a partir das 20.30 horas, con DJ Gelo, sorteos e sorpresas para os máis pequenos
Catro días para atopar coche na Feira de Ocasión de Odeón
O aparcadoiro do centro comercial acollerá do 22 ao 25 de outubro unha exposición gratuíta con vehículos de distintas marcas e concesionarios
Tres días de esquí en San Isidro para os nenos e nenas empadroados en Monfero
A actividade desenvolverase os días 8, 9 e 10 de febreiro de 2027 e está dirixida a nenos e nenas empadroados no municipio nados entre 2009 e 2018
Pontedeume organiza dúas actividades gratuítas sobre os beneficios do exercicio físico nas persoas con cancro
A Cátedra AECC-UDC organiza unha charla e un obradoiro na Fundación Abanca para dar a coñecer como a actividade física pode contribuír ao benestar e á calidade de vida dos pacientes oncolóxicos
O Nadal ferrolán volverá contar con Papá Noel e os Reis Magos e celebracións no rural
A Xunta de Goberno local de Ferrol aprobou hoxe o expediente de contratación do servizo de produción e execución da cabalgata
Unhas 300 artesás participarán o sábado en Cedeira na Xuntanza de Palilleiras e Labores Tradicionais
O encontro desenvolverase no Polideportivo Municipal desde as 10.00 da mañá
Fillas de Cassandra traerá o seu novo disco 'Tertúlia' ao escenario do Pazo da Cultura
O dúo vigués actuará o 31 de outubro ás 20.00 horas cun espectáculo que combina música, baile e unha proposta escénica que vai da intimidade da casa á enerxía da verbena
Un magosto para toda a familia encherá de actividades o San Martiño do Porto, en Cabanas
A xornada do sábado 17 de outubro combinará talleres infantís, castañas, chocolate, liscos e música de Alberto Bellón
O Xeoparque Cabo Ortegal será sede en 2027 das XII Xornadas Abertas da Rede de Xeoparques de España
O encontro reunirá previsiblemente en outubro de 2027 máis dun cento de especialistas e representantes dos 18 xeoparques que integran a rede estatal
GaliciaXa
15 locais da provincia da Coruña únense á V Ruta de Tapas e Pinchos de Galicia
A iniciativa celebrarase do 9 ao 18 de outubro e permitirá descubrir propostas de cociña en miniatura elaboradas por establecementos das catro provincias galegas
Cerdido renderá homenaxe a Montero Santalha como Fillo Predilecto o 24 de outubro
O municipio recoñece a traxectoria do filólogo e profesor nacido en Casaldegonce, unha figura destacada na defensa da lingua e da cultura galegas
Eventos
As lendas toman Pontedeume cun novo festival literario para celebrar o Samaín
'Vila das Lendas' celebrarase do 30 de outubro ao 1 de novembro con escritores, debates, espectáculos e obradoiros arredor do misterio e da tradición oral galega
Un percorrido pola historia castrexa permitirá descubrir os segredos do castro de Centroña-Perbes
A visita guiada, a cargo do arqueólogo Emilio Ramil, celebrarase o 12 de outubro con dúas quendas e saída desde Castrelo, en A Fonte
Once axentes da Policía Nacional reciben a Cruz ao Mérito Policial durante o acto celebrado en Narón
A xornada do Día da Policía reuniu no Pazo da Cultura a representantes das administracións e destacou o traballo dos 225 efectivos da Comisaría de Ferrol-Narón
Goente convoca para o 11 de outubro a celebración da XVI edición da Feira do Queixo e do Mel
A feira reunirá postos de queixo, mel, produtos locais e artesanía e ofrecerá degustacións, obradoiros e actividades para todos os públicos
A Faeira prepara as festas na honra da Virxe do Rosario cunha ampla programación musical
A programación comezará o venres cunha churrascada popular prevista para as 22.00 horas
Os clásicos e o lisco volven xuntarse nas Somozas cunha xornada para os amantes do motor e da gastronomía
A segunda Xuntanza de Clásicos celebrarase o domingo 11 de outubro e combinará unha ruta turística coa tradicional Festa do Lisco
Cabalos, xantar e festa familiar marcarán a III Ruta Cabalar Cidade de Narón
A cita será o 10 de outubro cun percorrido a cabalo, comida popular e actividades para os máis pequenos nas naves da Feira do Trece









