Concello
Aberto o prazo para solicitar as subvencións destinadas ás asociacións locais de Cariño
As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes a través da sede electrónica municipal antes do 9 de novembro
O control das aves urbanas e as pragas contará cun orzamento de máis de 275.000 euros
O Concello divide o contrato en dous lotes, un para especies como gaivotas, pombas e estorniños e outro para a desratización, desinsectación e desinfección; o servizo poderá prolongarse ata catro anos
O Concello de Ferrol facilitará prácticas universitarias ao alumnado da USC durante o curso 2026/2027
A adhesión ao convenio coa Universidade de Santiago e a FEGAMP permitirá realizar prácticas académicas no ámbito da Administración local
As Somozas asumirá o mantemento dun tramo antigo de 152 metros da AC-110
A Xunta autorizou o cambio de titularidade da vía en Recemel, que pasará a depender do Concello para a súa conservación
O PP aproba o proxecto do Sánchez Aguilera sen aceptar as propostas da oposición e dos colectivos veciñais
Ferrol en Común e o BNG critican o rexeitamento das alegacións e cuestionan o modelo urbanístico previsto para os antigos terreos militares, mentres o Goberno local defende a creación dun novo barrio con zonas verdes, vivenda e equipamentos públicos
Ortigueira ofrece axudas de ata 100 euros por alumno para mercar material escolar
As familias poderán solicitar o apoio para o curso 2026/2027 se cumpren os requisitos de empadroamento e renda. O prazo para presentar a documentación remata o 9 de novembro
O programa 'Nedactívate' arrinca o curso con 243 participantes e unha ampla oferta deportiva
O pilates é a actividade máis demandada en Neda, con 59 inscritos, mentres que os talleres de estimulación cognitiva aínda dispoñen dalgunhas prazas libres para as persoas maiores.
Vilas en Flor pode conceder a San Sadurniño a súa cuarta Flor de Honra
O xurado visitou os espazos verdes e as principais actuacións municipais para avaliar a candidatura, que inclúe melloras na Cortiña, nos xardíns do Pazo da Marquesa e na eficiencia enerxética e hídrica
Cerdido abre a inscrición para os cursos de Albar Quercus do período 2026/2027
A programación inclúe actividades de fitness, ioga, manualidades, cestería, bolillos e cociña en diferentes espazos do municipio, con tarifas reducidas para as persoas socias
O galego, a debate en cinco mesas de traballo en Ferrol para actualizar o plan de normalización lingüística
O Concello organizará encontros entre o 28 de outubro e o 5 de novembro para analizar a situación do idioma e recoller propostas das entidades asociativas máis de vinte anos despois da aprobación do plan municipal
A mocidade de Ares xa pode poñer en imaxes a súa particular mirada sobre o municipio
O X Concurso de Fotografía Xuvenil admite traballos ata o 2 de novembro e premiará as mellores propostas con cámaras, tablets e lotes de libros
'En que podo axudarche?': Narón anima o comercio local a dar máis protagonismo ao galego
Os negocios que se sumen á iniciativa poderán participar nun vídeo promocional e acceder a un curso de márketing e comunicación
As Somozas recupera o seu obradoiro de memoria para maiores de 60 anos
A actividade desenvolverase entre o 14 de outubro e o 16 de decembro e combinará exercicios cognitivos con actividades para combater a soidade
A Biblioteca López Cortón de Cedeira recibe un premio estatal polo seu proxecto de animación á lectura
A iniciativa 'enCULTÚRAte, enCEDÉIRAte: Inspira Cedeira, Expira Cultura' foi unha das 370 seleccionadas polo Ministerio de Cultura na convocatoria María Moliner
Unha nova edición do Concurso de Tapas de Outono busca conquistar os padais en Cedeira
O certame celebrarase do 13 ao 15 de novembro, con tapas a 3 euros, novos establecementos e votación do público para escoller a proposta gañadora
GaliciaXa
Os comercios das vilas pequenas xa poden sumarse a MercaNaVila, a iniciativa da Deputación da Coruña con bonos de ata 100 euros
Os establecementos dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes teñen ata o 20 de outubro para adherirse á campaña, que mobilizará 5 millóns de euros
O novo crédito de Ferrol abre unha batalla política polo endebedamento e a baixa execución dos investimentos
PSOE e Ferrol en Común cuestionan a nova operación financeira do Goberno local, mentres reclaman explicacións sobre os fondos pendentes de utilizar
Eventos
Ata 24 millóns de euros para desbloquear o saneamento pendente e acabar cos vertidos á ría de Ferrol
O pleno reclama á Xunta fondos nos orzamentos de 2027 para conectar Neda co sistema da marxe dereita da ría e critica que a mellora da EDAR siga sen rematar
A ITV móbil de ciclomotores fará parada en Cariño o 14 de outubro
A Unidade Móbil 07 estará na Casa dos Oficios de 9.00 a 13.30 horas e será necesario solicitar cita previa
O pleno de Ortigueira retira a proposta de ordenanza do GES e abre a porta a unha nova regulación
A iniciativa saíu adiante cos votos de PSOE, P.Orti e BNG, mentres o PP-XA votou en contra
Ferrol abre de novo as portas do seu patrimonio máis descoñecido con 41 visitas guiadas
A sexta edición da Semana do Patrimonio Invisible celebrarase do 5 ao 9 de outubro e ofrecerá 655 prazas para descubrir dez espazos da cidade habitualmente pechados ou con acceso restrinxido
Moeche licita por 27.800 euros a compra de maquinaria para labores municipais e forestais
O Concello adquirirá unha trituradora forestal para os seus tractores, un cortacéspede de xiro cero e un remolque para os vehículos municipais
Santo André de Teixido roza os 70.000 visitantes durante o verán
Cedeira consolida a súa aposta polo turismo activo con miles de visitantes nas rutas, a Senda do Santo e os programas guiados
A biblioteca de San Sadurniño recupera os clubs de lectura infantís e suma un novo premio María Moliner
A actividade contará inicialmente con dous grupos para escolares de primaria e a biblioteca recibe unha axuda de 2.777,77 euros polo seu proxecto de animación á lectura









