Concello
Unha nova horta, un colmear e un bosque comestible transforman A Cortiña en San Sadurniño
O Concello investiu preto de 375.000 euros nun proxecto que tamén ampliou a área de autocaravanas e renovou os espazos de lecer e os sendeiros
Pontedeume renovará a sinalización dos núcleos parroquiais para mellorar a orientación no municipio
Os traballos desenvolveranse de maneira progresiva nos próximos meses e incluirán tanto a substitución de sinais deteriorados como a instalación de novos indicadores
A Andada a Santo André de Teixido celebra as súas vodas de prata con 25 quilómetros de percorrido dende Valdoviño
A XXV edición terá lugar o 3 de outubro e as inscricións abrirán o 21 de setembro, con prazas limitadas e un prezo de 15 euros
Cedeira prepara unha ruta polos escenarios de 'Rapa' para descubrir onde se rodou a popular serie
O novo percorrido turístico estrearase o venres 25 de setembro e permitirá coñecer diferentes localizacións da primeira tempada da ficción protagonizada por Mónica López e Javier Cámara
As familias de Cabanas xa poden solicitar as axudas para material escolar do curso 2026-2027
O prazo está aberto do 18 ao 29 de setembro e o programa aumenta por terceiro ano consecutivo as contías e o límite de renda para facilitar o acceso ás subvencións
O PSOE de Ferrol cuestiona a execución dos investimentos municipais e sitúaa no 5,7 %
Ángel Mato asegura que o Concello só tería executado 3,89 millóns dos 68,31 millóns dispoñibles para investimentos ao peche do segundo trimestre e reclama un calendario público para os principais proxectos
Tres novos programas ofrecen formación gratuíta para favorecer a autonomía das mulleres en Narón
As iniciativas, dirixidas a mulleres de entre 18 e 65 anos, abordarán desde a preparación laboral e as novas tecnoloxías ata a alfabetización e as competencias para a vida
Ferrol en Común reclama un plan urxente ante o colapso de tráfico e aparcadoiro xunto ao CHUF
A formación denuncia a falta de prazas e os problemas do transporte público na contorna do Arquitecto Marcide, o CIFP Leixa, o CAMF e outros centros
Máis de 236.000 euros para mellorar dez rúas e camiños de Valdoviño
O Concello volve sacar a licitación os traballos en Lago, Meirás, Sequeiro e Valdoviño despois de que o primeiro procedemento quedase deserto
30 barrios e parroquias recibirán actuacións de mantemento en Ferrol dentro do recuperado Plan de Barrios
O programa comezará o 14 de setembro en Prioriño e estenderase ata abril de 2027 con traballos de limpeza, iluminación, xardíns e conservación dos viais
Tres programas para axudar ás familias e ao alumnado de Narón a afrontar o novo curso con máis apoio educativo
O Concello abre o prazo de inscrición para 'Escolas de Familia', 'Reforza TIC' e 'Sementando Futuro', dirixidos a diferentes etapas educativas
As Escolas Municipais Culturais das Pontes abren o luns o prazo de matrícula para o novo curso
A reserva de praza para o alumnado actual realizarase do 7 ao 15 de setembro e as novas inscricións poderán formalizarse entre os días 22 e 29
Un novo equipo permitirá acelerar a limpeza das rúas e chegar tamén aos espazos máis estreitos en Cabanas
O Concello incorpora unha máquina de hidrolavado cun remolque financiado ao 75% pola Xunta, cun investimento de 14.749,90 euros
O Concello de Valdoviño reclama á Xunta toda a información sobre o peche temporal do cámping municipal
Alberto González cuestiona que se clausure todo o recinto por unha cuestión administrativa vinculada a novas infraestruturas e pide coñecer os expedientes que motivaron a decisión
As familias de Valdoviño xa poden solicitar as novas axudas para material escolar e transporte
O Concello incrementa este ano a partida ata os 12.000 euros e mantén aberto o prazo de solicitudes ata o 13 de setembro
Un novo local social de 730 metros cadrados porá fin a unha histórica reivindicación de Luía e Luama
O Concello adquire un inmoble que permitirá á veciñanza contar por primeira vez cun espazo municipal para reunións, actividades e iniciativas comunitarias
O Concello de Neda abre este martes a inscrición nas escolas municipais deportivas e de benestar
A programación inclúe unha decena de propostas no centro cívico, Casilla do Puntal, Casa da Cultura e polideportiva do Roxal
Unha viaxe en autobús levará á veciñanza de Vilarmaior a Santiago para gozar de 'A Serie Clopen'
A saída será o 11 de setembro desde a Casa do Concello e as prazas, limitadas, teñen un prezo de 5 euros
Búscase a mellor empanada para a Festa do Pan de Neda
O evento convoca un concurso na nova edición do domingo 6 de setembro e repartirá tres premios de 200, 150 e 100 euros
As Escolas Deportivas Municipais de Cedeira abren este mércores as inscricións para o novo curso
A oferta inclúe actividades para adultos e menores, desde fútbol sala, patinaxe e multideporte ata pilates, ximnasia, bádminton e pádel
O BNG reclama que Ortigueira regule dunha vez o turismo de autocaravanas tras dous anos de espera
Os nacionalistas lembran que o Pleno aprobou por unanimidade en 2024 unha moción para ordenar o estacionamento e a pernocta e aseguran que a normativa continúa sen aplicarse
O saneamento do rural de Ferrol entra por fin en obras cun investimento de 5,7 millóns
A primeira fase da actuación levará a rede a Doniños, San Xurxo, A Cabana, Valón, Serantes, Pazos, Viladóniga e Vilasanche e dará servizo directo a unhas 1.400 persoas
Máis de 200.000 euros permitirán avanzar no futuro Centro Municipal de Remo de Cedeira
O proxecto terá un orzamento de 402.168 euros e busca crear no Municipio un espazo para o adestramento deportivo e a promoción do turismo náutico
A Capela habilita catro puntos para que a veciñanza poida recoller auga durante a situación de escaseza
O Concello pide reducir o consumo e lembra que está prohibido lavar vehículos e baldear rúas, superficies e terrazas de establecementos hostaleiros




