FerrolXa
O Meirasland medra na súa terceira edición cun cartel encabezado por Selecta e unha nova zona de lecer
O festival de música electrónica celebrarase o 8 de agosto en Meirás e incorporará o mercado Filispín, ademais de manter autobuses gratuítos para facilitar os desprazamentos
As entidades sociais das Pontes poderán optar a 162.500 euros para desenvolver programas de benestar social
O Concello abre unha nova convocatoria de subvencións para apoiar proxectos de inclusión, atención a colectivos vulnerables e participación comunitaria
A Deputación da Coruña reparte preto dun millón de euros entre 52 concellos para impulsar a economía local
Feiras de emprego, campañas comerciais, festas gastronómicas e eventos turísticos recibirán 962.953 euros para fomentar a actividade económica nos municipios
As Escolas Municipais Culturais das Pontes abrirán en setembro o prazo de matrícula para o novo curso
A reserva de praza para o alumnado actual realizarase do 7 ao 15 de setembro e as novas inscricións poderán formalizarse entre os días 22 e 29
Dúas docentes eumesas, nominadas a Mellor Docente de España 2026
Diana López, do CEIP Os Casais de Fene, e Alma Cendán, do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, figuran entre as candidatas desta edición
Soutogrande estrea novas melloras elixidas pola infancia de Moeche nos primeiros orzamentos participativos infantís
O Concello instala porterías, renova xogos e prepara novos equipamentos propostos polo Consello Local da Infancia e da Adolescencia para facer da área recreativa un espazo máis completo
O Teatro da Beneficencia abre as súas portas con visitas guiadas gratuítas durante todo o mes de agosto en Ortigueira
As visitas celebraranse cada luns entre as 10.00 e as 13.00 horas, sen necesidade de inscrición previa, para achegar aos visitantes a historia dun dos edificios culturais máis emblemáticos da vila
As actividades acuáticas continúan en agosto con novas prazas para natación e aquagym en Mañón
O Concello mantén abertos os cursos na piscina municipal do Barqueiro, con sesións dous días á semana e un prezo de 20 euros ao mes
Dúas rutas guiadas permitirán descubrir este verán os bosques de Devesos e os cantís de Loiba
A programación de 'Ortigueira ao paso Verán 2026' ofrece dúas propostas gratuítas os días 4 e 5 de agosto, con inscrición previa na Oficina de Turismo
As Festas do Mar e San Roque contarán con lanzamentos pirotécnicos en dúas xornadas
O Concello de Ares pide á veciñanza que tome medidas de protección para persoas e animais e lembra que a praia canina non poderá utilizarse durante os horarios dos disparos
GaliciaXa
O fenómeno astronómico do século
Cabanas mellora o pantalán municipal da senda Entrepontes
O Concello realiza tarefas de mantemento e renovación dos sistemas de ancoraxe para garantir o bo estado desta infraestrutura
O ciclismo de montaña gaña impulso cun novo convenio de apoio ao club MTB Biela e Chaveta
O Concello de San Sadurniño achegará 2.000 euros para financiar as actividades da entidade, entre elas a IV Cronoescalada Sanrockeira
A Festa do Percebe regresa a Cedeira con 600 quilos do prezado marisco e o mesmo prezo do pasado ano
A cita gastronómica ofrecerá durante esta fin de semana racións a 20 euros e completarase cun amplo programa de actividades culturais, musicais e festivas
O norte de Ferrolterra será o mellor lugar da provincia da Coruña para gozar da eclipse total de Sol
Mañón, Ortigueira e Cariño ofrecerán a maior duración da totalidade entre os concellos da comarca, aínda que todo Ferrolterra vivirá un dos grandes acontecementos astronómicos do século
Un estudo sobre fiscalidade e emprego no sector marítimo logra a primeira Mención Internacional do Doutoramento en Relacións Laborais da UDC
A tese de Ignacio Picatoste Novo, defendida no Campus Industrial de Ferrol, analiza como a informalidade laboral e o sistema fiscal inflúen na sustentabilidade social do traballo
O Felicia Pop regresa esta fin de semana para converter Fene na capital da música independente
O festival reunirá bandas nacionais e internacionais na Hortiña de Limodre, cunha sesión vermú gratuíta de The Homens organizada polo Concello
O persoal do Concello de Cariño retoma as mobilizacións pola falta de avances na RPT
Os traballadores convocan unha manifestación este sábado e unha concentración coincidindo co próximo pleno para reclamar unha negociación 'de boa fe' e reforzos nos servizos públicos
A solidariedade de Ares recibe a 'Bandera da Paz' polo labor desenvolvido durante máis dunha década
A Fundación Mil Milenios de Paz recoñece o traballo de Ares Solidario e a implicación da veciñanza en numerosas iniciativas benéficas
O pleno de Cabanas aproba por unanimidade instalar unha fonte no CEIP Eladia Mariño
A Corporación respalda a iniciativa para dotar ao centro educativo dun novo punto de auga tras unha demanda da comunidade escolar
Indra instalará nas Pontes unha nova planta de produción de vehículos militares
A compañía investirá arredor de 18 millóns de euros nunha fábrica de case 15.000 metros cadrados que reforzará o corredor norte como un dos principais polos europeos de plataformas terrestres
Fene recupera as festas patronais de San Salvador cun programa de música, gastronomía e actividades para toda a familia
O Concello impulsa a volta dunha celebración histórica os días 5 e 6 de agosto coa intención de consolidala de novo como unha das grandes citas do verán no municipio
O respaldo do Goberno reforza a candidatura do Xeoparque Cabo Ortegal para revalidar o selo da UNESCO
O subdelegado Julio Abalde destaca en Cariño o investimento de 1,5 millóns de euros para impulsar un modelo de turismo sustentable e lembra que Galicia recibiu máis de 230 millóns para modernizar destinos turísticos
GaliciaXa
Controlados os tres incendios que afectan aos concellos de Monfero, Guitiriz, Ourol e Taboada
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal
GaliciaXa
Prorrogadas un mes máis as medidas preventivas ante a dermatose nodular contaxiosa
A análise do risco sanitario existente, que se realiza de xeito permanente polos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería, aconsella manter polo de agora as medidas cautelares establecidas na comunidade




